Venres. 29.03.2024
El tiempo

A conmovedora homenaxe ao Serpent xa é unha referencia na Costa da Morte

A conmovedora homenaxe ao Serpent xa é unha referencia na Costa da Morte

Emotivísima a homenaxe que o mundo do mar rendiu esta pasada noite no Cemiterio dos Ingleses. Sobre ás 22:30h, hora na que hai 120 anos o buque británico Serpent encallaba na Punta do Boi perdendo a vida 173 persoas, unhas 50 persoas achegáronse ao lugar para lembrar a estes, e a todos os mortos no mar da bisbarra.

A sesión foi moi emotiva, como nos conta o grande artífice de que esta homeaxe se esta convertindo nunha auténtica tradición, o escritor Juan Campos. Campos cóntanos as 3 homenaxes que se celebraron onte ao longo do país, destacatando iso, si, que a da Costa foi "a máis emocionante". Vilagarcía de Arousa e o Xardín de San Carlos de A Coruña acollendo sendos episodios.

O simbolismo do acto foi tremendo. "Escoitar ao coro feminino de Camariñas baixo as estrelas cantar cancións mariñeiras e a canción do Serpent, que eu nunca escoitara, foi unha vivencia das que un recordará sempre", comenta o propio Campos. O tema "A traxedia do Serpent" retumbou no bravo mar camariñán.

Xa unha tradición

Onte foi a consolidación dun evento que xa é toda unha tradición. O propio Campos está moi ledo do acontecido e asegura que "a miña satisfacción neste tema é poñer algo en marcha que espero que a Costa da Morte manteña vivo". Nese sentido quere agradecer a José Manuel Pato, Delegado en Galicia da Real Liga Naval Española, "sen cuxo entusiasmo, enerxía e capacidade de mover ás autoridades nada disto fose posible".

Campos xa está pensando no ano que vén, para cando agarda que se poidan facer carteles informativos para Qatraer á Costa a xente de toda Galicia e aínda máis lonxe", comenta. "Teño un amigo almirante inglés, especialista en mascarones de proa, e non desespero de que veña algún aniversario.. .con ou sen barco da Royal Navy!

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios