Sábado. 21.09.2019
El tiempo

A Costa da Morte partipa na primeira xornada do foro Europa na Provincia

A Costa da Morte partipa na primeira xornada do foro Europa na Provincia
foro europa na provincia No foro Europa na Provincia os concellos coñecerán distintos proxectos de finaciamento europeo Varios concellos da bisbarra participaron na primeira xornada do foro Europa na Provincia, centrada sobre os fondos LIFE para proxectos de medio ambiente. En concreto, o encontro reuniu a 89 rexedores e técnicos de 39 concellos: Ames, Camariñas, Narón, Curtis, Poio, Mugardos, Culleredo, Dodro, Coristanco, Dumbría, Abegondo, Betanzos, Oleiros, As Pontes, A Pobra do Caramiñal, Miño, Cabanas, Carnota, Carral, Ferrol, Lousame, Cariño, Ponteceso, Tordoia, Paderne, A Coruña, Arzúa, Sobrado, As Somozas, Teo, Santiso, Rois, Coirós, Santiago de Compostela, Melide, Cedeira, Laxe e Santa Comba, ademais de representantes de outras entidades coma a Fundación Galicia Europa, a Policía Local de A Coruña ou o Instituto Tecnolóxico de Galicia. Trátase da segunda edición desta iniciativa impulsada por Europe Direct - o centro de información da Comisión Europea dependente da Deputación - que pretende formar aos responsables de entidades locais para coñecer os programas de financiamento europeos e preparar propostas con garantías de éxito. Colaboracións con outras rexións europe O encontro, que ten lugar na sede da Deputación ata mañá venres,  foi inaugurado polo deputado de Promoción Económica e Emprego - José Luis García - quen recordou que os programas de financiamento da Unión Europea son unha oportunidade para “colaborar con outras rexións, promocionar o patrimonio e innovar”. José Luis García tamén resaltou a importancia de establecer contactos con outros concellos para acadar “dimensións competitivas a nivel internacional” e de coñecer as características específicas de cada programa para “aumentar as posibilidades de obter financiamento comunitario”. Pola súa banda, Amparo Taboada, responsable de Europe Direct A Coruña insistiu en que a pasada edición do foro tivo “retornos moi positivos por parte dos concellos”, xa que “facilita o traballo de representantes políticos e traballadores municipais” e a “transmisión de información e experiencias entre institucións”. Neste sentido, a principal vantaxe que ofrece o Foro Europa na Provincia é que os seminarios están a cargo de responsables dos puntos de contacto nacionais, os únicos centros de asesoramento en España dependentes de Bruxelas, e que polo tanto contan con información de primeira man e cunha ampla experiencia na xestión de proxectos europeos. Así, o foro comezou cun relatorio a cargo de Teresa Bernal Cortegoso, da Axencia Galega de Innovación (GAIN),  sobre os apoios á innovación existentes en Galicia. Chegadas as 12 horas, Elena Barrios Barcia, directora do punto de contacto nacional LIFE, presentou este programa dedicado de forma exclusiva ao medio ambiente. Os asistentes puideron aprender que proxectos poden ser subvencionables, contribuíndo ao desenvolvemento sostible e ao logro de obxectivos e metas da Unión en materia de medio ambiente e clima.  Escaparate para os proxectos galegos Ademais, a xornada contou cunha feira de proxectos levados a cabo con fondos europeos na provincia e cunha mesa de boas prácticas na que participaron membros do concello de Alhama de Granada e da Mancomunidade de Municipios Sostibles de Cantabria. Nesta mesa tamén se presentaron proxectos exitosos levados a cabo na zona,  coma o “Lugo+Biodinámico” do Concello de Lugo e “Anduriño” do de Cabanas, municipio que tamén destacou a experiencia na Semana Europea das Rexións da man da Deputación e Europe Direct. Próximos días Hoxe tomará a palabra Juan Carlos García, responsable do punto de contacto nacional do programa Horizonte 2020. A convocatoria para proxectos sobre Patrimonio Cultural para o Desenvolvemento Sostible estará aberta a principios de novembro, polo que a formación estará centrada sobre os obxectivos, prioridades e procedementos de xestión para concorrer aos fondos. Europa na Provincia da Coruña rematará mañá, co taller sobre Interreg Espazo Atlántico, a cargo de Carlos Garea, xestor de proxectos do programa. Os fondos Interreg Espazo Atlántico, que se convocarán a finais de mes, teñen unha importancia chave na provincia, xa que se trata dun programa reservado para tan só para as rexións atlánticas de cinco países da Unión: España, Francia, Irlanda, Portugal e Reino Unido. Galicia é unha das rexións que máis proxectos presenta a este programa, pero só unha pequena cantidade consegue obter financiamento. O taller pretenderá, por tanto, mellorar a eficiencia e a xestión das candidaturas, para que os concellos da provincia se beneficien deste espazo de cooperación transnacional. Fonte

Comentarios