Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Costa da Morte promociona os seus produtos no Salón Internacional de Turismo Gastronómico

A Costa da Morte promociona os seus produtos no Salón Internacional de Turismo Gastronómico
A Bica de Vimianzo será un dos productos expostos en Xantar A Bica de Vimianzo será un dos productos expostos o venres en "Xantar" Xantar é o Salón Internacional de Turismo Gastronómico que se desenvolve dende hoxe e ata o domingo en Ourense e que xa vai pola súa dezasete edición. Ata aquí desprazaranse varios concellos da Costa Morte para amosar os seus productos e as mellores iniciativas culinarias. O bolo do pote de Mazaricos, as algas e ourizos de Camariñas, os pinchos irmandiños de Vimianzo, as filloas de Zas, os produtos do mar de Arousa, o queixo de Arzúa ou os pementos de Narón son algúns dos produtos estrela que chegarán a Xantar da man da área de Turismo da Deputación, que preside o nacionalista Xosé Regueira. Showcooking e degustacións permitirán ao público achegarse a un tesouro gastronómico que é chave no turismo de calidade dos distintos destinos da Coruña. O Bolo do Pote Dende Mazaricos mobilizan a festa tradcional do Bolo do Pote, e farán un showcooking este xoves ás 20:00h no Salón Internacional de Turismo Gastronómico. Non irán, pero deberían, estas filloas do Entruido de Lola, que cazaron as xentes de Eu Son Mazaricos:
Os pinchos de Vimianzo Será o venres, 5 de febreiro, o día no que o concello de Vimianzo mostre na feira gastronómica Xantar os produtos do municipio. Durante toda a xornada no stand da Deputación Provincial da Coruña poderase degustar Bica de Vimianzo e Pedras do Castelo. Ás 20 horas terá lugar unha showcooking sobre os Pinchos Irmandiños e a festa do Asalto ao Castelo. A presentación correrá a cargo do gastrónomo e historiador Jorge Guitián e da cociñeira Anna Mayer. Durante toda a feira no stand da Deputación Provincial da Coruña haberá información impresa e audiovisual sobre o concello vimincés. Camariñas Pola súa banda, Camariñas participa tamén no 17º Salón Internacional de Turismo Gastronómico Xantar baixo o lema "Camariñas o mar todo. De saberes, mar de sabores y de sabores, mar de saberes". Ata aquí levarán algún dos productos únicos da vila como as conservas elaboradas por Cerdeimar, onde se poderán degustar, as delicatesen de pescados Pedreira - unha empresa de Arou que elabora de xeito artesanal un caviar de ourizo - e os orixinais ovos de pascua elaborados por Artesanía en postres Silvina.  Ademáis, as conservas de Cerdeimar estarán presentes na aula gastronómica de Xantar que terá lugar o sábado e o domingo de 12:30 a 13:30 horas.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios