Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A Costa da Morte recibe 189.000 euros para a contratación de persoal de información turística

A Costa da Morte recibe 189.000 euros para a contratación de persoal de información turística
oficina-turismo-carballo As axudas da Deputación están destinadas á contratación de persoal para as oficinas de turismo de concellos de menos de 50.000 habitantes Trece concellos da Costa da Morte recibirán case 189.000 euros para a contratación de persoal das súas oficinas de turismo. A mellora da calidade dos servizos de atención turística, a profesionalización do sector e a contratación de persoal técnico son os obxectivos da liña de subvención destinada aos concellos da área de Turismo da Deputación da Coruña. En total, o ente provincial destina 700.000 € para as 50 solicitudes presentadas. A resolución do programa, que se fixo pública no BOP de onte, contempla 50 concesións de axudas para concellos e agrupacións de concellos da provincia que verán reforzados os seus servizos de atención turística. O importe total das subvencións concedidas ascende a 699.984 ,78€ que se destinan a contratación de persoal nos concellos da Capela, Laracha, Pobra do Caramiñal, as Pontes de García Rodríguez, Ares, Arteixo, Arzúa, Betanzos, Boiro, Boqueixón, Cabanas, Camariñas, Carballo, Cariño, Carnota, Cedeira, Cee, Cerceda, Corcubión, Culleredo, Dumbría, Fisterra, Lousame, Malpica de Bergantiños, Melide, Miño, Monfero, Mugardos, Muros, Muxía, Narón, Negreira, Oleiros, Ortigueira, Padrón, Ponteceso, Pontedeume, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Sada, Santiso, Sobrado dos Monxes -concesión na que se contratará persoal técnico que atenda aos concellos de Boimorto, Sobrado e Vilasantar- , Teo, Touro, Valdoviño, Vedra, Vimianzo, Zas e O Pino. xose-regueira-turismo A área de Turismo da Deputación, dixida por Xosé Regueira, aposta pola profesionalización da atención turística “Esta liña de axudas responde ao obxectivo de profesionalización da atención turística para a mellora da calidade da oferta ademais de buscar contribuír á creación de emprego nun sector que é de especial interese para o desenvolvemento económico dos concellos”, sinalou o responsábel da área de Turismo da Deputación da Coruña, Xosé Regueira que considera que con este programa de subvencións vai repercutir nunha oferta turística de calidade, en especial, na época de verán con máis afluencia de visitantes. Nesta segunda convocatoria a incorporación de persoal técnico na área de información turística que, como sinala Xosé Regueira, “na maior parte dos casos non terían capacidade de contratar sen o apoio da Deputación”. Con esta liña de axudas potenciarase a proxección do turismo nos concellos da provincia ademais da creación de novos postos de traballo para persoal con formación específica en materia de turismo. “A liña responde ao obxectivo da área de Turismo de optar por unha oferta de calidade que se afortalará na temporada alta máis que camiña cara un turismo desestacionalizado ao longo de todo o ano”, apunta Regueira dunha liña que valora o esforzo dos pequenos concellos para promover, poñer en valor e difundir o seu territorio e os seus valores de interese turística. Concesión de axudas por concellos: CAMARIÑAS........................................................................ 19.672,00€ CARBALLO........................................................................... 18.189,07€ CARNOTA............................................................................. 13.304,00€ CEE......................................................................................... 8.680,00€ CORCUBION......................................................................... 13.021,12€ DUMBRIA............................................................................. 10.563,30€ FISTERRA............................................................................. 11.058,92€ MALPICA DE BERGANTIÑOS............................................. 10.251,54€ MUROS................................................................................. 20.000,00€ MUXIA.................................................................................... 18.080,00€ PONTECESO........................................................................... 16.344,00€ VIMIANZO............................................................................... 16.776,00€ ZAS............................................................................................ 12.440,00€   Fonte

Comentarios