Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Deputación acolleu a presentación do cartel e vídeo da XXVIII Mostra do Encaixe

A Deputación acolleu a presentación do cartel e vídeo da XXVIII Mostra do Encaixe

A Deputación da Coruña acolleu este xoves a presentación da XXVIII edición da Mostra do Encaixe de Camariñas, que se celebrará entre os días 28 de marzo e 1 de abril de 2018.

Valentín Glez., Pres. da Deputación e "Pichurri" Alonso, Alcalde de Camariñas

No acto participaron o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, o alcalde de Camariñas, Manuel Valeriano Alonso, a concelleira responsable de Promoción do Encaixe, Sandra Ínsua, e a actriz fisterrá Marta Lado. Esta última protagoniza o cartel e o vídeo promocional, que se proxectou hoxe por primeira vez na sede da institución provincial.

A presentación tamén contou coa presenza dunha delegación composta por unha trintena de palilleiras de Camariñas, que efectuaron unha demostración en vivo. O presidente da Deputación agradeceu ás palilleiras que se desprazasen un ano máis ata a sede da institución provincial para “axudar a promocionar unha feira que é un emblema da nosa provincia” e pola súa labor que “mantén viva unha tradición única no mundo”. González Formoso lembrou a estreita colaboración que une á Deputación da Coruña coa Mostra de Encaixe, que apoia desde a súa primeira edición. “Asinamos un convenio anual co concello, que é apoiado de xeito unánime por toda a corporación provincial”, sinalou González Formoso ao tempo que comprometeu esta colaboración tamén para a vindeira edición.

Ao igual que o ano pasado, a achega da Deputación ascenderá a 120.000 euros, ademais de poñer a disposición a imprenta provincial para a elaboración dos carteis e o material promocional. Un apoio material cun valor superior aos 22.000 euros en cada edición da feira.

Pola súa banda, o alcalde camariñán, Manuel Valeriano Alonso, manifestou o seu agradecemento á Deputación “por retomar a colaboración firme coa Mostra do Encaixe durante este mandato” e ao presidente provincial “pola súa implicación persoal” no apoio ao evento.

Comentarios