Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A Deputación non vai polo Rego

A Deputación non vai polo Rego
Daniel Rego e Diego Calvo

Curiosas as idas e vidas que se van publicando nestas últimas semanas entre o goberno da Deputación da Coruña e o voceiro do PP de Camariñas, coa última aportación do BNG camariñán, que pide a dimisión de Diego Calvo. A pasada semana coñeciamos que a Deputación non renovaba a proposta de mantemento da Asociación Neria para os Batáns do Mosquetín e as Torres do Allo. Unha nova sorprendente tras 20 anos de adxudicacións sen apenas miramentos.

O que non sabiamos era que a nova empresa adxudicataria pertencía á filla un dos asesores da Deputación, ademais voceiro do PP de Camariñas, Daniel Rego, que cobra 19.000 como asesor da Presidencia da Deputación. A adxudicataria é a empresa Viproga Servicios, que xa tivo problemas co Náutico de Camariñas, e que está xestionada pola filla do voceiro popular.

A situación complícase esta semana, trala decisión do presidente Diego Calvo de destituir fulminantemente a Rego como asesor, ao entender que "traizoou a confianza ao presentar a súa empresa a un concurso público", deixando ver que a adxudicación foi lexítima e legal.

Unha explicación que non comparte o propio Rego, que considera a destitución ten un "compoñente político". De feito, en breve tería que tomar o relevo (xa temos falado dos codiciados postos deputados na Costa da Morte) na Deputación de Zaira Rodríguez, alcaldesa de Cee que está a ter unhas moi boas relacións coa presidencia. Deste xeito, para Rego, a decisión tómase para xustificar que a Deputación “incumpla un pacto”. De feito, a deputación anuncia hoxe mesmo o cambio dos deputados provinciais ao acadarmos a segunda mteade do mandato, e o relevo costeiro non sei fai efectivo. O único relativo á nosa bisbarra é a chegada de Antonio Pensado, que representará ao Partido Xudicial de Carballo substituíndo ao concelleiro de Cabana de Bergantiños, Perfecto Vázquez.

O BNG pide a dimisión de Diego Calvo

Ao BNG de Camariñas "parécelle lamentable que non dimita o presidente da diputación Diego Calvo e somentes se quede nun mero cese de Daniel Rego o escándalo que supón que a empresa administrada pola filla do asesor sobre asuntos relacionados coa Costa da Morte acceda ao contrato coa diputación referentes á xestión das Torres do Allo (Zas) e os Batáns de Mosquetín (Vimianzo)".

Con esta rotundidade critica o BNG camariñán, e califica de "cando menos sospeitoso que o presidente da Diputación Diego Calvo descoñecese este feito e somente, e unha vez pasado o concurso, decidíse cesar ao Portavoz do Partido Popular de Camariñas". Para o grupo da oposición "o cese do Portavoz do PP de Camariñas é máis unha manobra do Presidente da diputación, dentro das liortas e os enfrontamentos internos das familias do PP (moi evidente nos últimos anos), que unha decisión política ética e coherente".

Por todo elo "o BNG de Camariñas pide a dimisión do Presidente da Diputación Provincial da Coruña e esixe que se revise o contrato das obras concedidas a Viproga Servicios".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios