Venres. 19.04.2024
El tiempo

A do Vilán, a onda máis alta da historia

A do Vilán, a onda máis alta da historia
Espectacion na Barca polo temporal-Foto-Ruben Prieto de SurfCostadaMorte

Se cando vemos que a Costa da Morte se sitúa como referente peninsular en materia de surf, é por algo. 27,81 metros. Esa é a altura que rexistrou a boia do Cabo Vilán-Sisargas o pasado 6 de xaneiro, da man daquel temporal de mar de fondo que deixou estampas impresionantes en toda a zona. Unha altura que se corresponde cunha altura singificante á vista de 12,4 metros, que xa son abondos.

A boia situada no Vilán, pertecente á “Red de boyas de Aguas Profundas de Puertos del Estado”, recolllía aquel día a “onda máis alta rexistrada nunca en augas españolas”. A primeira “freak wave” (onda insólita ou xigante) que supera os 20 metros, tendo a particularidade de que o valor entre altura máxima (27,81) e altura significante (12,4) é maior que 2.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios