Venres. 19.04.2024
El tiempo

A FITUR coñece unha ducia de Costas da Morte

A FITUR coñece unha ducia de Costas da Morte
Stand de Neria na FITUR 2014

A pleno rendemento está estes días funcionando a FITUR, probablemente unha das feiras de turismo máis importantes do mundo. E non dubidamos da necesidade de estar representados, dende logo. Pero consideramos que unha imaxe máis unida, unha imaxe máis homoxénea das nosas potencialidades comúns, tería sido moito máis efectiva que aparecer ata en 7 accións diferentes.

I é que a disgregación é protagonista. Por un lado temos o stand de Neria con 6 concellos. Por outro andan Carnota e Muros. Cee, Fisterra e Malpica van co stan de Turgalicia, mentres a vila do Cristo tamén está representada pola axencia Brigantia. Ademais, proxectos como os desenvoltos polos GACs, ademais de propostas coma a do Encaixe de Camariñas, o Desafío del Atlántico ou as Casas Rurais de Muxía tamén están sendo presentadas en sociedade para os profesionais de todo o mundo.

E non queremos dicir que a presencia aló non sexa positiva, pero se houbese un stand co claro nome "Costa da Morte" seguro que venderíamos moito mellor.

Muxía e as súas Casas Rurais

Muxia presentando as suas Casas Rurais na Fitur 2014

Un dos atractivos máis importantes de Muxía é o seu campo, a súa natureza. E para disfrutalos no seu mellor esplendor, nada máis axeitado que unha das 5 Casas Rurais de Muxía co distintivo Q de Calidade. I é que a Asociación de Turismo Rural de Muxía, "é un exemplo a nivel mundial" como recorda Manuel Pan, presidente da APTCM, sinalando que os 5 establecimentos contan con 20 puntos de ocupación por riba da media galega.

Desafiando con Relaño e Perico Delgado

Presentacion do Desafio del Atlantico con Relano e Perico na Fitur Perico Delgado e Cesar Ferrio presentando o Desafio del Atlantico en FITUR

Menuda presentación polo alto da segunda edición do Desafío do Atlántico. "Perico" Delgado, José Luís López Cerrón, presidente da RFEC, Javier Guillén, director da Volta a España, o exciclista Miguel Anxo Igrexas, ou o xornalista Alfredo Relaño, participaron na presentación na Fitur da marcha cicloturista costeira xa establecida como unha das citas de referencia no calendario español de cicloturismo.

Foi unha demostración de que esta proba vai colocar a Costa da Morte no centro do ciclismo nacional. E se xa coñecemos os datos da proba queremos deixarvos tamén cunha interesantereportaxe de AsTV na que falan Relaño e Perico. Menudos padriños!!


Camariñas e o Encaixe 2.0

O Encaixe na Fitur 2014

Unha das máis seguidas a presentación camariñá na FITUR. Unha cita na que as novas tecnoloxías foron protagonistas coa APP da Ruta dos Naufraxios e o proxecto "Camariñas, todo mar", as rutas de sendeirismo sinalizadas con códigos QR, os actos do 80º aniversario da declaración de Cabo Vilán como Sitio Natural de Interese Nacional, ou a nova web do encaixe de Camariñas mecam.net, a través da que venden online.
Así e todo, a Mostra do Encaixe de Camariñas foi unha das grandes protagonistas. A modernización, e a adaptación ao século XXI da artesanía do encaixe fai desta un produto de luxo. A atención centrouna o precioso vestido de noiva do deseñador Franco Quintáns, motivo principal do cartel da Mostra de Encaixe de Camariñas deste ano.
Ademais, como non podía ser doutro xeito, Beatriz Dios e Pilar Gandara, dúas expertas palilleiras de Camariñas, estiveron demostrando en directo a arte camariñá, ademais de regalando entradas gratuítas para a Mostra de Encaixe ás persoas que se acheguen.

Encaixeiras na FITUR 2014

Muros e Carnota

Stand de Muros na FITUR

Na caseta de 25 metros cadrados de que dispón o municipio nesta cita internacional ofrécese información tanto do termo muradano como do de Carnota. A achega económica efectuada por empresarios de Muros e os Concellos carnotano e muradano fixeron posible sufragar o que custa ter representación nunha cita que se considera o maior escaparate turístico a nivel nacional.

Ao longo da feira Muros promoverá o gran premio de Carrilanas de Esteiro (Festa de interese Turístico) E O Feltival Castelo Rock, un referente na comarca.

Para colaborar na promoción da beleza e riqueza gastronómica, a empresa conservera Calvo entregou á delegación muradana latas de conservas que serán repartidas entre os visitantes.
Como novidade, este ano seguindo co desfrute gastronómico, poderase degustar dun bo viño Marqués de Vizhoja, para o mellor desfrute da degustación.

Os visitantes que se acheguen ao expositor poderán ver imaxes e vídeos de ambos os dous municipios. Tamén teñen á súa disposición guías, publicacións de Muros, marchandizaxe as e ampla información sobre os establecementos hostaleiros radicados na vila mariñeira.

Fisterra dende a nube

Presentando o proxecto Fisterra dende a Nube na Fitur

Un dos proxectos de dinamización turística dos GACs levados nos Concellos da zona é o de Fisterra dende a Nube. Pedro Tasende, de Aporta, a empresa que desenvolve o proxecto, foi o encargado de presentar esta iniciativa que pretende dinamizar, a través das novas tecnoloxías, o potencial turístico da vila do Cristo.

non podía faltar un fixo na feira, a axencia Brigantia Viaxes, que leva 10 anos dando información turística na fin do mundo.

Malpica

Alfredo Canizo coa Ministra Ana Pastor na Fitur vendendo oleria de Buno-Malpica

Completísima a implicación do Concello de Malpica, na FITUR. Ademais de coincidir coa mesma ministra Ana Pastor, con Feijoo, a Secretaria xeral para o Turismo, Nava Castro, e mesmo co Príncipe, o concelleiro Alfredo Cañizo traballou arreo no intercambios turístico con municipios da provincia de Valladolid. De feito, tralo achegamento durante a semana co concello toledano de Malpica del Tajo, os alcaldes de Nava del Rey e Rueda se comprometeron a localidade bergantiñá.

No stand de Malpica os visitantes poden atopar todo tipo de material audiovisual sobre o territorio malpicán, a súa paisaxe, as rutas, a hostalería, a gastronomía, as tradicións, a arquitectura e, por suposto, a olería de Buño, que sempre figura nun lugar destacado dentro da política de difusión do municipio. Toda a información está compilada na guía "Malpica Sensacións", que está a disposición dos visitantes de Fitur.

Ademais, este venres ás 16:30h presentaráse outros dos proxectos do GACs, o Malpica. Mar de Sisargas.

Reseñable foi a entrevista co Príncipe Felipe na tarde do martes, co que Cañizo conversou sobre a actualidade galega e do municipio malpicán en particular. Cañizo entregou ao Príncipe de Asturias unha jofaina, peza exclusiva de alfarería de Buño, e convidouno a participar en agosto nas Festas do Mar.

Alfredo Canizo regalando ao Principe unha jofaina de Buno

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios