Luns. 25.05.2020
El tiempo

A Gabarra Prima espera auxilio

A Gabarra Prima espera auxilio

Aí continúa, como se fose un escenario para unha película, ou a obra mestra do Museo do Turismo de Catástrofes da Costa da Morte, que dicía MR nas redes sociais. A Gabarra Prima, de case 110 metros de eslora, co mar bravo rompendo sobre as súas costas, é un espectáculo en si mesmo. Así o comprobamos vendo a cantidade de xente que se achega ata esta pista lonxana da costa camariñá.

Delta volta a gabarra ía cargada con terra. Menos mal. Pero podería ter sido calquera outra cousa e agora estaríamos falando máis en clave de desfeita ecolóxica que de novas posibilidades turísticas.

Xa van un par de días, e pode ir para longo, pois a gabarra está moi encallada nas rochas da Punta do Boi. Ademais, a forza do mar está abrindo unha fenda no casco da gabarra, e malia que permanece máis ou menos estable, a estrutura pode sufrir máis problemas.

Mentres, a Capitanía Marítima da Coruña e o armador traballan nun plan de reflotamento para sacar a gabarra de aí. Unha operación que non será nada doada.

Resignación

O peor de todo é que falando cos veciños, xa temos a sensación de que estas cousas son algo normal. "Xa tocaba", dicía algún facendo contas sobre os últimos episodios.
Mentres, a oposición do BNG continúa esixindo o traslado das competencias de Salvamento a Galicia para, polo menos, decidir dende aquí, dende un lugar con mar, onde coñecemos as limitacións da natureza.

Novas relacionadas

Fonte

Video de Ruben Santamaria sobre a gabarra Prima en Camarinas

comentarios