Mércores. 20.11.2019
El tiempo

A marea de mariñeiros volve alzala voz en Fisterra contra o arrastre

A marea de mariñeiros volve alzala voz en Fisterra contra o arrastre
Concentracion en Fisterra pola pesca de Baixura

Despois das numerosas concentracións en Corcubión emais en Camariñas o sector da pesca artesanal da Costa da Morte realizaba este sábado 27 de xuño unha marcha pacífica en reivindicación dunha pesca sostible por Fisterra.

Praza tremendamente simbólica a invadida por medio millar de mariñeiros de toda a volta (dende Malpica ata Noia), para intentar conseguir que as 12 primeiras millas de mar sexan reservadas para a pesca de baixura, un verdadeiro motor económico e de emprego na Costa da Morte e en todo o litoral galego.

Por iso, os mariñeiros piden que os barcos de arrastre non poidan faenar nesas 12 millas, para mantelas sostibles e en bo estado de saúde.
Os argumentos son numerosos e se resumen na idea de que “Non todo o que vai á rede é peixe”. A realidade é que arrastre ou pesca de arrastre é unha técnica que consiste fundamentalmente no emprego dunha rede lastrada que barre todo o fondo mariño, capturando todo o que encontra o seu paso. É unha técnica moi prexudicial e destrutiva que está explotando os poucos recursos que nos ofrece o mar, explican dende a Confraría de Corcubión, unha das máis promotoras destas concentracións.

“Non destruíamos as nosas costas, loitemos por elas. Son o noso presente, e o futuro dos nosos fillos e dos nosos netos”, rezan os lemas costeiros.

Os mariñeiros estiveron arroupados polo novo alcalde fisterrán, José Marcote, o voceiro do BNG, Kuka Sar, e mais o alcalde de Corcubión, Lalo Insua. Afirman que seguirán con estas manifestacións se o Ministerio non escoita as súas xustas reivindicacións.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios