Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A moda imponse na Mostra do Encaixe de Camariñas

A moda imponse na Mostra do Encaixe de Camariñas
javier-barrio-encaixe-camarinas O deseñador pontevedrés Javier Barrio expuso por primeria vez a súa colección na mostra do Encaixe de Camariñas A moda volviu a ser o prato forte da segunda xornada da XXVII mostra do Encaixe de Camariñas. Ademais dos pases das Grandes Firmas, onte incorporaronse os deseños das delegacións extranxeiras con aplicacións de encaixe e comezron os desfiles do concurso de Deseñadores Noveles cuha trintena de participantes. Entre as xoves promesas destacan propostas arriscadas e máis clásicas, para todos os estilos e gustos, transparencias e cos tonos rosados como principais protagonistas. Tamén onte se viron, por primeira vez, os quimonos da xaponesa Noriko Hashizume, que se incorporan como novidade desta edción. Os traxes de noivas triunfaron nesta ocasión da man de Amaya Fernández Blanco, Claudina Mata, Sara Lage e Devota&Lomba, combinados con finas aplicacións de encaixe. Ana Cabranes presentou unha colección de festas e rúa ao igual que José Matteos. Como é habitual, as propostas máis arriscadas veñen da man de Esteban Freiría mentras que Mar Balmón tamén sigue co seu estilo arriscado. Pola súa banda, o pontevedrés Javier Barrio - que se entrena nesta edición - presentou a súa última colección. E a deseñadora de Camariñas, María Campaña, apostou por tonos negros e grises combinados con encaixe branco. Por outra parte, unha delegación do concello francés de La Turballe participou esta mañá nun encontro cos homólogos de Camariñas para iniciar os trámites de irmanamentos entre os dous municipios. Na xornada de onte tamén houbo unha mesa de expertos na que se debatiu sobre a situación actual do encaixe en todo o mundo, con participantes de distintos países.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios