Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe expándese a Vigo

A Mostra do Encaixe expándese a Vigo
Representantes do concello de Camariñas presentaron onte en Vigo a XXVI edicióon da Mostra do Encaixe Representantes do concello de Camariñas presentaron onte en Vigo a XXVI edicióon da Mostra do Encaixe Primeiro en Madrid, despois en Cee e agora en Vigo. Os organizadores da XXVI Mostra do Encaixe continúan co seu plan de presentación a poucos días de inciarse un dos eventos artesanais máis importantes do panorama nacional. Onte representantes do concello de Camariñas acudiron á Vigo para presentar ante a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e o alcalde de Vigo, Abel Caballero, a feira que terá lugar entre o mércores e o domingo da vindeira semana. Ao finalizar o acto de presentación, tivo lugar a representación do musical "Keltia" que tamén se intepretará en Camariñas o venres santo a cargo de Bruxo Queimán e Andrea Pouso, de Vigo. Os representantes políticos estiveron acompañados de dúas palilleiras que fixeron unha demostración en directo do seu traballo artesanal. Tanto Abel Caballero como Carmela Silva eloxiaron ao concello camariñán pola organización desta feira que reunirá a representantes de catorce países e unha boa cantidade de visitantes procedentes de distintos puntos da comunidade. Ademais, as autoridades pontevedresas comprometéronse a acudir ao evento. Eloxios Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, destacou que esta feira é xa conocida a nivel internacional e eloxiou a implicación que supón no mundo da moda debido á participación de prestixiosos deseñadores. Silva invitou aos asistentes a acudir á mostra e a "namorarse de Camariñas". Pola súa banda, Abel Caballero - alcalde de Vigo - tamén alabou a "extraodinaria beleza" do encaixe que realizan as palilleiras de Camariñas e recordou que no "corazón de Vigo" tamén se pode atopar esta artesanía procedente do municipio camariñán. O rexedor definiu a feira de Camariñas como un "acto moi sensible e moi importante". O alcalde de Camariñas, Manuel Alonso de León, coincidiu en alabar o traballo das palilleiras e insistiu en que eventos como este "que non hai no mundo enteiro" foron capaces de "facer país e facer marca España" ademais de recuperar unha artesanía que estaba "desprestixiada". Ao acto de presentación da Mostra do Encaixe en Muxía tamén asistiu a concelleira Sandra Ínsua, responsable do evento. Ínsua fixo especial fincapé na relación da Mostra de Camariñas coa moda, debido ao uso deste producto nas pasarelas e da man de recoñecidos modistos. Ademais, recoñeceu que a "carreira" de moitos deseñadores parte deste certame grazas ao concurso de Deseñadores Novele no que este ano participan 30 persoas. Rosa Mouzo, veciña de Camariñas, foi a responsable do cartel da Mostra do Encaixe que se extende ao longo e ancho da comunidade.   Novas relacionadas Fonte

Comentarios