Martes. 16.04.2024
El tiempo

A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas

A Mostra do Encaixe segue crecendo tras recibir a máis de 20.000 persoas
Desfile da Mostra do Encaixe de Camarinas 2014-Foto-Jorge Parri

Non deixa de crecer a Mostra do Encaixe de Camariñas. E o fai tanto en número de países participantes, como en número de visitantes. Este 2014 foron 12 os países presentes en Camariñas, estreando un encaixe moi importante, o de Brasil, que abre un abano tremendamente interesante a nivel económico. Pero ademais, a cifra que nos manda a organización, de 20.000 visitantes nos 5 días de Mostra, implica un novo aumento con respecto a anos anteriores, sendo o venres o día de maior afluencia.
Así e todo, un cabalo de batalla aínda sen vencer é o das pernoctacións, que deberían consolidarse como importante motor económico e aínda non se reflicte nos número.

Brasil, por primeira vez, Polonia ou a República Checa, alguns dos Paises presentes na Mostra do Encaixe Camariñas 2014

Foron moitas as frontes abertas, implicando a todas as idades, e facendo da artesanía e tradición, arte e economía. Un exemplo, o Concurso de Noveis Deseñadores, probablemente a cita máis importante de toda a Mostra, que este curso gañou unha deseñadora de Moaña, Eva María Trezado Carro, que ademais tamén recibiíu o Premio Especial do Público, por diante das lucenses Sara Lage González e Lorena Grandío, cun terceiro premio para Mónica Guillán González, de Cambados.

Eva Maria Trezado Carro ganadora do Concurso de Desenadores Noveis da Mostra do Encaixe de Camarinas 2014 Vestido de Eva Maria Trezado Carro na Mostra do Encaixe 2014 Peche da Mostra do Encaixe de Camarinas 2014

Houbo moitas máis cousas, pero os desfiles seguen a ser o principal reclamo da Mostra, demostrando que o encaixe conseguiuse colar no mundo da moda. As do sábado foron as citas cos deseñadores máis importantes, entre eles o director da pasarela Franco Quintáns, que ademais presentou uns traxes negros tremendamente elegantes.
Singular foi a posta en escena do pase do coruñés José Matteos, pois a violonista Judith Mateo acompañou o pase presentando o primeiro single do seu novo disco. A coñecida violinista gravou os videos e as fotografías para o seu disco en Camariñas, lucindo encaixe de Camariñas con deseños de coruñés. Ademais, durante a mañá do sábado tamén os Ana Cabranes, Emilio Salinas, Esteban Fritiría, Devota&Lomba, Oky Coky, Rubén Perlotti e Janet Shulz foron os outros rostros recoñecidos que exhibiron as súas pezas nesta pasarela.

A violonista Judith Mateo durante o pase de Jose Matteos Deseno de Fran Quintans na Mostra do Encaixe 2014 Desfile da Mostra do Encaixe de Camarinas 2014-Foto-Jorge Parri

Pequeencaixe

Pequeencaixe Mostra 2014

Unha das citas máis esperadas polo público local foi a participación das nenas locais, que demostraron ademais que o encaixe ten canteira. Xa durante a inauguración do venres se viron os primeiros vestidos, pero durante o resto da fin de semana puidemos comprobar que a Mostra ten relevo, coas nenas da Escola de Palillo de Camariñas palillando, e recollendo os agasallos Coast.

Nenas da Escola de Palillo de Camarinas

Interesantes conclusións no Encontro de Bloggers

Encontro de Bloggers na Mostra do Encaixe 2014

E moi intenteresante o II Encontro de Blogers, dirixido polo diseñador Franco Quintáns, no que cinco blogueiras disertaron sobre a moda actual e a importancia do encaixe de Camariñas. Quintáns recoñeceu que este produto está moito máis valorado noutros países, e que en Nova York a xente "alucina" co encaixe de Camariñas, xa que é un valor engadido nas pezas, e alí a xente "valora" o traballo que supón facer este tipo de pezas. O diseñador vigués afincado en Marbella, Esteban Fritiría, cre que o encaixe de Camariñas "é moi barato" tendo en conta o esforzo que supón.

Encaixe para mobles

O decorador Juan Ares na Mostra do Encaixe

Houbo outras novidades, como a presentación de aplicacións de encaixe de Decoraciones Alberto, de Camariñas, nun dormitorio. Ou a exposición de Juan Ares, un diseñador interiorista de Boiro que demostrou que o percorrido do Encaixe na moblería só acaba de comezar, cunhas aplicacións de encaixe na madeira impresionantes.

Aplicacions en dormitorios de encaixe de Decoraciones Alberto

Encontro de Palilleiras

Mais de 200 no Encontro de Encaixeiras de Camarinas

Máis de 200 artesás chegadas desde diferentes lugares de España, participaron no Encontro de Palilleiras da Mostra. Unha demostración da cantidade de persoas adicadas a esta tradición feita motor económico. Ademais, os talleres e demostracións foron unha constante ao longo dos 5 días de mostra.

Talleres e demostracions na Mostra do Encaixe

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios