Sábado. 20.04.2024
El tiempo

A muller emprende en Camariñas

A muller emprende en Camariñas

A Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade está organizando, con motivo da celebración do Día da Muller Traballadora, unhas “Xornadas de Experiencias de Mulleres Emprendedoras” que se levarán a cabo en Camariñas os vindeiros 8 e 9 de abril. Con elas o que pretenden é a divulgación e intercambio de experiencias para a promoción económica de Camariñas.

Unhas xornadas nas que colaboran a Deputación da Coruña, a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas e o Concello de Camariñas, así como diversas entidades de toda a provincia.

Programa

Máis información e inscrición

Todas as persoas que teñan interese en asistir e participar poderán facelo de maneira gratuita, inscribíndose previamente, a traves do correo electrónico da asociación [email protected] ou dos números de teléfono 690 33 78 46 ou 981 736 404.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa da Asociación de Mulleres de Camariñas pola Igualdade de Camariñas.

Comentarios