Xoves. 18.04.2024
El tiempo

A música coral resoou na Terra de Soneira

A música coral resoou na Terra de Soneira

Este pasado domingo a Terra de Soneira convertíase, como xa ven sendo habitual, no centro do cante coral da Costa da Morte. O II Encontro de Corais Costa da Morte congregaba no Auditorio da Casa da Cultura a centos de persoas para disfrutar de varios dos mellores grupos da zona.

Presentaron o certame o alcalde de Vimianzo e a concelleira de benestar social Mª Xosé Ramos. E tamén houbo representación de Zas, na figura do tenente alcalde Óscar Lema, e de Camariñas, co alcalde Manuel V. Alonso de León e a concelleira de Servizo Sociais Mª Carmen Linares.

Coro Municipal de Mulleres de Camariñas

Abriu o festival o Coro Municipal de Mulleres de Camariñas, que comezaron cantando Á Costa da Morte cun tema de Xosé Luís Blanco Campaña. Gustou moito A Gaviota e mais O Arriero, e tiveron arrestos para entonar o "Va pensiero", coma se fosen o coro de escravos da ópera Nabucco de Verdi. Pecharon cun tema da súa directora, Charo Vázquez Freire.

Coral Polifónica Xan Mella de Baio-zas

Os seguintes foron os viaxados membros da Coral Xan Mella de Baio-Zas. Con temas máis popeiros como o California Dreamin que sempre triunfa, ou mesmo con canción portuguesa, con esa María la Portuguesa tan popolar, sacaron os aplausos máis fortes do público. Sempre ben dirixidos por Tatiana Pankratova, por suposto.

Pecharon o concerto os da casa, a Coral Lusco e Fusco de Vimianzo. Estes fixeron unha homenaxe a un personaxe musical da zona, o cormelán Jesús Méndez Torrado, ou máis coñecido como Suso de Basilio, entonando unha canción súa, a habanera Remos estrobos toletes. Ademais conseguiron levantar ao público para pechar a cita en conxunto. Todo o auditorio cantou a Rianxeira, baixo a dirección de Isidro Caamaño.

Coral Polifónica Lusco e Fusco de Vimianzo

Vimianzo volve demostrar así o poder de convocatoria que ten o cante coral entre os maiores da nosa bisbarra.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios