Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A pé ou a cabalo, a natureza manda

A pé ou a cabalo, a natureza manda
Andaina por Ponteceso -Foto-Rafa Quintans 2

Volveu ser a virxindade da nosa terra a protagonista da Costa da Morte. 3 sesións de camiñadas por entornos espectaculares, e unha ruta cabalar tiveron lugar esta fin de semana na nosa bisbarra, convertindo xa o sendeirismo e as saídas naturais nun auténtico “lobby” económico, pois xa son un auténtico revulsivo económico cun potencial infinito.

E as cifras mandan, nunha fin de semana na que o tempo non axudou pero os sendeiristas responderon de igual xeito. O sábado, aínda con sol, 170 persoas participaron na Andaina por Ponteceso, a penúltima do programa de Andainas Coñece a Costa da Morte. Xa o domingo, unhas 60 persoas coñeceron os ríos de Sofán con Senda Nova, mentres foron 310 @s trasn@s que fixeron a 6ª etapa do Camiño dos Faros entre Camariñas a Muxía.

Espectacular Andaina polo litoral de Ponteceso

170 caminantes na Andaina por Ponteceso-Foto-Rafa QUintans

O ben que o pasan os veciños da bisbarra nas Andainas. Desta volta tocou un sendeiro por Ponteceso, coñecendo as terras de Pondal e disfrutando do marabilloso Esteiro do Anllóns.

Andaina por Ponteceso-Foto-Rafa Quintans

Os trasnos seguen armándoa boa

Menudo lio que montan os transos en cada etapa do Camino dos Faros

Para lío o que montan os trasnos (no Camiño dos Faros hai tantos trasnos da zona como de fóra) cada etapa. Tocou almorzo no Bar o Xardín, antes de montarse no bus e arrincar ata o comezo da etapa, Camariñas. De aí moitos tesouros, como as praiiñas de Leis ou dos Muíños, verdadeiros tesouros naturais, antes de chegar á Barca.

Ortigarse por Carballo

Descrubindo tesouros con Senda Nova por Sofan

Pola súa banda, tocaba “ortigarse e espiñarse” polos ríos de Sofán con Senda Nova. 23 km de fieitos, covas, regatos, muíños… un roteiro ten como base o patrimonio ambiental e paisaxístico que emerxe de tres cauces fluviais: Bardoso, Carral e Seixíñas.

Caminada con Senda Nova polos rios de Sofan

A Cabalo por Carnota e Muros

Ruta Cabalar Carnota Muros 2015-Foto-Xose Sendon

Fantástica a XIV Ruta Cabalar Comarca Muros Carnota. Moi boa acollida a esta proba que tivña saída na área de Lamas do Castelo e que serviu para percorrer puntos simbólicos dos concellos carnotán e muradán, a lombos dos cabalos. A fermosa estampa dos xinetes é recibida con moi bo gusto polos veciños, que saen ao seu encontro polas fiestras das súas casas.

Ademais, unha das partes máis divertidas, a comilona final no pavillón.

Comilona da RUta Cabalar por Muros e Carnota-Foto-Xose Sendon Xientes de todas as idades na Ruta Cabalar Carnota-Muros-Foto-Xose Sendon

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios