Venres. 26.04.2024
El tiempo

A rápida intervención evita males maiores dun incendio en Camariñas

A rápida intervención evita males maiores dun incendio en Camariñas
Imaxe do helicotero sufocando o incendio de Camarinas-Foto-Jose Campana Imaxe do helicotero sufocando o incendio de Camarinas-Foto-Jose Campaña

Segue a temporada de incendios en marcha. Onte tocoulle a Camariñas, cun lume na zona do Cotoriño, na parroquia de San Xurxo. Eran pasadas as 20:00h cando saltaba a alarma, e dende o Concello se puxeron ao mando, enviando de primeiro ao camión de bombeiros municipal cun operario e voluntarios de Protección Civil ao mando.

O 112 mobilizou dous axentes, 4 brigadas, 2 motombombas e un helicóptero, e en apenas 2 horas e media o incendio estaba extinguido, tras arrasar 0,49 hectáreas de superficie arbolada.

O Concello camariñán segue pendente de contratar unha brigada propia.

 

Incendios forestais 2018

Fonte

Comentarios