Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A sala de exposicións do faro Vilán acolle unha mostra de pintura

A sala de exposicións do faro Vilán acolle unha mostra de pintura
Un ano máis, os alumnos e alumnas da escola de arte de Vimianzo expoñen os seus traballos durante o mes de xuño na sala de exposicións do faro de Cabo Vilán. A mostra, que leva por título "Arribando á Costa" está composta por unha serie de traballos adicados o mar e a natureza. Entre eles atópanse obras de factoría máis madura e outros nos seus inicios de formación e en todos apreciase a calidade, esforzo e adicación a creación das obras. E palpable a proximidade do mar en tódas as retinas e emocións dos autores, pola súa proximidade, polo coñecemento da natureza do mar, nos seus adeenes está fixado a bravura, os cores, os olores, a forza do mar. Cada obra vai acompañada dunha serie de grabados, a maioría augafortes que lles obriga a reinterpretar a súa obra nunha disciplina e formato distinto. A mostra pódese visitar de mércores a domingo en horario de 11:00 a 14:00 e de 15:30 a 20:00 horas. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC ([email protected])
  • Asociación Empresarios e Promoción Turística de Camariñas
 

Comentarios