Venres. 29.03.2024
El tiempo

A unión dos sectores do mar contra o PP

A unión dos sectores do mar contra o PP
Manifestacion en Santiago na defensa do mar

Dende Corcubión, Fisterra, Muros e Corme chegaron buses fletados ata Compostela. Pero o sector do mar da Costa da Morte estivo moito máis presente na manifestación convocada o pasado sábado na capital galega contras as políticas do goberno do PP arredor do mar.

A pesar da decisión de última hora da Xunta de retirar o borrador da Lei de Acuicultura, os convocantes decidiron que eran moitas máis as razóns polas que a sociedade civil tiña que protestar.

E alí foron unhas 30.000 persoas segundo as entidades convocantes as que berraron alto “O mar é o noso futuro”. Xentes de todos os sectores do mar (o arrastre, o cerco e a baixura) nunha unión ata agora nunca vista. A Costa da Morte unida tamén alzou a voz “Na defensa do sector do mar”. “Non llo imos permitir”, en alusión á lei de acuicultura, rezaba a pancarta dos veciños de Corme, e outras pancartas como “Defendemos o mexillón, non o salmón” deixaban claro o sector das xentes do mar polas rúas compostelás.

Manifestacion en Santiago na defensa do mar 2 Os peques na Manifestacion en Santiago na defensa do mar Xentes de Corme na Manifestacion en Santiago na defensa do mar

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios