Domingo. 22.09.2019
El tiempo

A veciñanza salva os areais

A veciñanza salva os areais

Está a ser a veciñanza a que saque as castañas do lume ás administracións, pero en todo caso nos parece fantásticas estas iniciativas mediambientais da poboación civil. I e que esta fin de semana foron varias as propostas de limpeza de areais que se realizaron na zona, pois o inverno deixou estampas verdadeiramente desagradabñes nas nosas praias que as administracións non prestan atención.

Imos ata Sardiñeiro, imos ata o Cemiterio dos Ingleses, ata a Praia de Lariño, e imos ata Nemiña para alzar a voz contra o lixo que invade as nosas praias.

Limpeza da praia de Sardiñeiro

Recollendo lixo en Sardineiro

Como xa ven sendo habitual nos últimos anos nestas datas a Asociación de Veciños O Rumbo de Sardiñeiro, co se presidente Ramón Redonda ao mando, organizou unha xornada de limpeza da Praia de Sardiñeiro e contou coa colaboración dos socios máis novos para levar a cabo a limpeza do arela co obxectivo de presentar un aspecto óptimo de cara a estas vacacións de Semana Santa, nas que o concello fisterrán recibirá milleiros de visitantes.

Como se pode observar nas fotografías numerosos sacos de plásticos, cordas e demais obxectos foron os que se recolleron da praia.

Recollendo lixo en Sardineiro 2

Limpeza do Cemiterio dos Ingleses

Montanas de lixo que recolleu Mar de Fabula no Cemiterio dos Ingleses

E foron uns 10 voluntarios os que acodiron á chamada da entidade Mar de Fábula para limpar o Cemiterios dos Ingleses, despois da primeira sesión no Museo de Man. Durante toda a mañá, veciños da zona recolleron plásticos, botellas… para encher ata 40 bolsas grandes de lixo, para deixar un pouco máis limpa esta zona de gran interese turístico.

Os Garbage Warrios en Lariño

LImpeza na praia de Larino-Foto-Garbage Warriors

E os Voluntarios do Prestige, que nunca deixaron de acodir á chamada da natureza, volven agora co nome de Garabage Warriors para, coa axuda da Asoar Armega, seguir convocando xornadas de limpeza de praias. Desta volta, foron ata o Faro de Lariño para recoller un bo feixe de bolsas de lixo.

”Que pasa na Costa caótica?”

Lixo acumulado na praia de Nemina-Foto-Felipe Garcia

Así nos manda Felipe García varias fotos do “lamentable estado en que se encontra a praia de Nemiña”, no concello de Muxía. “Lixo e máis lixo, accesos á praia para cabras, e ducias de galletas de chapapote”, en seco e na zona mollada, que ninguén recolle. ”Que pasa na costa caotica?”, pregúntase Felipe.

A verdade é que as fotos que nos trae dende Surfveira falan por si mesmas.

Lixo acumulado na praia de Nemina-Foto-Felipe Garcia Chapapote en Nemina-Foto-Felipe Garcia

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC ([email protected]).

Comentarios