Venres. 29.03.2024
El tiempo

A Xunta comezará esta semana os traballos de limpeza en Cereixo polas inundacións

A Xunta comezará esta semana os traballos de limpeza en Cereixo polas inundacións
Ethel Vázquez con Antelo Este pasado venres, o alcalde de Vimianzo, Manuel Antelo, reuniuse ncoa conselleira de Infraestruturas de Mobilidade, Ethel Vázquez, xa co Informe de Augas de Galicia nas zonas de Vimianzo, Camariñas e Muxía afectadas polas fortes chuvias do pasado 24 de novembro. Unha xuntanza para abordar os problemas derivados das recentes inundacións no Concello. En concreto foron 56 os puntos afectados polos desbordamentos en  Vimianzo. Nese sentido a conselleira manifestoulle ao alcalde que a Xunta de Galicia se ía facer cargo da limpeza dos ríos de Vimianzo, Cereixo e Carnés, que non discorren por solo urbano. De feito, a Conselleira confirmaba que A vindeira semana comezarán os traballos de retirada de obstáculos no río Carnés en Cereixo, onde a actuación se considera máis prioritaria. O alcalde presentoulle os problemas de deterioro das infraestruturas froito desas inundacións, nomeadamente do paseo fluvial de Cereixo, de pistas rústicas, de muros de contención, etc. A conselleira tomou nota e comprometeuse a trasladar estas de amandas de axuda aos correspondentes departamentos da Xunta de Galicia.

Un problema eterno

Nesta xuntanza tamén se tratou o problema das inundacións periódicas na vila de Vimianzo por mor das obras de canalización do río de finais dos anos 60. A conselleira comentou que esta zona está declarada como zona con alto risco de inundación e que como tal dende a Xunta de Galicia tiñan prevista a elaboración dun plan específico, tal e como recolle a normativa.

Rotonda en Baíñas

Tamén falaron doutros asuntos, entre os que destaca o compromiso da conselleira para redactar o proxecto e a posterior execución dunha rotonda na estrada AC441 ao seu paso por Baíñas para evitar as situacións de risco que na actualidade se dan no cruce da vila.

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/a-alcaldesa-de-camarinas-e-os-de-muxia-e-vimianzo-piden-audiencia-a-feijoo-polas-inundacions/

Comentarios