Xoves. 28.03.2024
El tiempo

A Xunta perde os papeis co saneamento de Camariñas

A Xunta perde os papeis co saneamento de Camariñas

Materialmente perdeu os papeis a Xunta de Galicia cun asunto sobre o saneamento de Camariñas. A Agrupación Socialista de Camariñas considera"vergonzoso" o episodio acontecido hai uns días no Parlamento de Galicia. Foi a parlamentaria socialista Marisol Soneira a que defendía na Comisión 2ª do Parlamento o saneamento integral da parroquia de Xaviña, unha vella demanda do Concello de Camariñas dende a época de Emilio Pérez Touriño. O caso é que mentres non se solucione este asunto, as augas depuradas na EDAR de Dor-Ponte do Porto volven a contaminarse ao entrar en contacto coas verteduras de Xaviña sen depurar.

A resposta do voceiro do Grupo Popular sorprendeu enormemente aos socialistas camariñáns. O PP asegurou que votarían en contra desta proposta porque, entre outras cousas, o concello non tiña demandado esta infraestrutura diante da Xunta de Galicia.
Un argumento "incrible" unha vez que aseguran terllo solicitado hai menos dun mes á Conselleira Ethel Vázquez e ao anterior responsable de Augas de Galicia. Pero é que ademais de contar co compromiso de Pachi Vázquez no seu día, os socialistas teñen probas de como lle entregaron en 2011 unha memoria completa, en man, ao ex Conselleiro de Infraestruturas Agustín Hernández (que foi colocado como alcalde de Santiago ata as pasadas eleccións municipais) durante a inauguración EDAR de Dor-Ponte do Porto. Pero parece que eses papeis perdéronse no camiño do cambio de pezas do puzzle das consellerías da Xunta, onde calquera político vale para calquera carteira.

Pichurri con Agustin Hernandez no 2011 O alcalde camariñán Manuel Valeriano Alonso Pichurri facendo entrega da memoria do saneamento de Xaviña a Agustín Hernández no 2011

"Mentira, a manipulación e o engano"

Non escatima o PSOE camariñán en calificativos estes argumentos da Xunta para votar en contra dunha clara necesidade para o medio ambiente costeiro. "Lamentable e patético xeito de facer política onde a mentira, a manipulación e o engano son a folla de ruta dun goberno", denuncian.

Aquí vemos a interesante conversa sobre saneamento que tiveran naquel 2011 o alcalde camariñán co ex conselleiro:

Inauguración EDAR de Camelle 26 de setembro de 2011 from diegoalfr on Vimeo.

Fonte

  • Nota de prensa dos socialistas de Camariñas.

Comentarios