Xoves. 25.04.2024
El tiempo

A xustiza arquiva a denuncia penal polos terreos do tanatorio de Camariñas

A xustiza arquiva a denuncia penal polos terreos do tanatorio de Camariñas
Tanatorio-de-Camarinas-Foto-Mais-Camarinas Tanatorio de Camariñas. Imaxe de arquivo de Mais Camariñas Novo capítulo no caso do tanatario municipal de Camariñas. Nesta ocasión, o xuiz titular do Xulgado de 1ª Instancia e Instrucción nº2 de Corcubión, - Ramón Mendez - anunciou o arquivo e sobreseimento do proceso penal no que se acusaba ao actual alcalde camariñán - Manuel Valeriano Alonso - e ao presidente da fundación Fernández Espín - Jesús Nieto - dun suposto delito de prevaricación administrativa. A denuncia cuestionaba a forma na que foron declarados como chan de equipamento municipal os bens inmobles pertencentes no seu día ao denunciantes e os que pertencen á propia fundación e onde finalmente se construiu o tanatorio municipal. A denuncia atribuía a ambos cargos terse "confabulado" para declarar eses terreos como chan para equipamento municipal algo que, dende o punto de vista da sentenza emitida onte é legal así como a función estatutaria da citada fundación. No auto, o xuiz considera "acreditada a legalidade de calificación urbanística, dos terreos do denunciante e da fundación Fernández Espín". Segundo explican dende o concello, a remisión deste auto "pon fin por agora a unha máis das denuncias emitidas pola construcción do tanataorio e a calificación de terreos no PXOM de Camariñas".   Novas relacionadas Fonte

Comentarios