A xustiza paraliza o pleno que ía decidir a continuidade do alcalde de Camariñas
Continúa enlamándose a continuidade do alcalde de Camariñas despois da sentenza que o condena coa inhabilitación administrativa. Onte ía ter lugar o pleno extraordinario para determinar a “declaración de incompatibilidade do rexedor por inelixibilidade sobrevida” e a outorgar a este un prazo de 10 días hábiles para presentar recurso diante do Tribunal Constitucional.
Pero chegou de urxencia a paralización do mesmo por parte do titular do xulgado no 3 do Contencioso/Administrativo da Coruña, Juan Carlos Fernández. O xuíz, que xa paralizara no seu día as obras do Tanatorio, decidiu paralizar cautelarmente a celebración do pleno, sitúa nun impás lexislativo sen precedentes a Camariñas.
Unha decisión que segundo o grupo de goberno débese á instacia do PP, “os autores únicos do recurso diante da sala do contencioso administrativo”, e que seguen buscando a renuncia de Manuel Alonso coma alcalde de Camariñas.
Novas relacionadas
- 22-06-27: O PP de Camariñas critica a actitude “dictatorial e prepotente” de Pichurri.
- 12-06-17: O Grupo Socialista de Camariñas pecha filas con Pichurri ante as reiteradas críticas da oposición
- 08-06-17: O PP de Camariñas insiste na dimisión de Pichurri.
- 29-05-17: Camariñas divídese ante a inhabilitación de Pichurri
- 25-05-17: Convocan unha concentración para apoiar a Pichurri.
- 24-05-17: O PP de Camariñas pide á Secretaria municipal que actúe sobre a inhabilitación do alcalde.
- 12-05-17: O PP de Camariñas esixe suspender do cargo de alcalde a Pichurri tras a condena de catro anos de inhabilitación
- 09-04-17: Esixen a inmediata dimisión de Pichurri como alcalde de Camariñas
- 08-04-17: Pichurri, condenado a 4 anos de inhabilitación por prevaricación.
- Decembro 2016: Operación Orquesta: Aberto o xuízo oral para 6 dos acusados ceeses.
- 2011: O alcalde de Camariñas aos xulgados pola contratación por parte do Concello dos seguros da súa empresa.
Máis novas
- Febreiro 2016: A UDEF ve indicios delictivos do alcalde de Camariñas na Trama dos Seguros.
- 2015: Por que non nos importa a imputación dos nosos candidatos á alcaldía?.
- 2014: Unha vintena de políticos imputados na Costa da Morte.
Fonte
- Redacción de QPC ([email protected]).