Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aprendendo sobre Cervantes no IES Pedra da Aguia

Aprendendo sobre Cervantes no IES Pedra da Aguia
A biblioteca do IES Pedra da Aguia acolle unha mostra sobre Miguel de Cervantes na que participaron varios departamentos para a sua elaboracion Varios departamentos participaron na elaboración dunha mostra sobre Cervantes que acolle a biblioteca do IES Pedra da Aguia Non paran no IES Pedra da Aguia da Ponte do Porto. Se ainda fai uns días que algúns dos seus alumnos chegaban de visitar a sede do Parlamento Europeo agora xa están inmersos en plena celebración do Mes do Libro e no IV centenario do pasamento de Miguel de Cervantes. E fano con distintas actividades. Por unha parte, a biblioteca do centro - en colaboración con varios membros do claustro - elaborou una exposición sobre Cervantes, a súa época e a súa obra, cun énfase especial na figura de Don Quijote. Ademais, a mostra recolle información sobre a literatura, a arte deste periodo, a sociedade do momento e tamén sobre os descubrimentos e avances científicos da época. Unha das seccions de maior acollida da mostra sobre Cervantes e a do photocall Unha das seccions de maior acollida da mostra sobre Cervantes e a do photocall Para a posta en marcha da mostra, contaron tamén coa colaboración do departamento de Plástica que elaborou tres grandes cadros: una “Menina”, “Papa Inocencio XI” de Velázquez e o “Cabaleiro da man no peito”, do Greco. Estas obras utilízanse a modo de photocall para todos aqueles que queiran levarse un recordo fotográfico do evento. Os diferentes grupos de alumnos do centro pasarán pola exposición, en diferentes horas, para completar por equipos unha guía de visita con preguntas e xogos sobre os diferentes panéis que a compoñen. Aproveitando a temática desta exposición, os departamentos de Castelán e Inglés están a elaborar - en 1º e 2º da ESO -un Proxecto Interdisciplinar sobre os autores da época de Cervantes e sobre diferentes escritores en lingua inglesa. Este proxecto, elaborado por equipos, e que ocupará boa parte do trimestre, cunha hora semanal en cada unha das dúas materias e coa axuda da auxiliar de conversa en inglés,  rematará coa presentación pública do traballo realizado sobre o autor elexido. Tamén será importante esta temática na Olimpiada Cultural “Sabías que…?” que comenzará en breve e na que os equipos dos diferentes niveis do centro competirán polos premios, participando en diferentes probas (preguntas, ‘apostas’, pistas…) que lles permitirán sumar puntos ata chegar ao enfrentamento entre os dous equipos finalistas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios