Venres. 19.04.2024
El tiempo

Arrinca o I Camiño dos Faros Infantil

Arrinca o I Camiño dos Faros Infantil
camino-faros-infantil No percorrido poden participar un total de 25 nenos e nenas de entre 6 e 12 anos acompañados dun adulto O Camiño dos Faros non para de medrar. Coa oitava edición do Camiño dos Faros en marcha chega agora o I Camiño dos Faros Infantil que arrincará o próximo sábado 21 de abril dende Camelle. O percorrido - no que participarán un pequeno grupo de nenos e nenas de entre 6 e 12 anos acompañados dos seus pais e nais - arrinca dende a praia de Camelle para dende alí ir até a Punnta da Cruz da Rosa e volver de novo a Camelle. A hora de encontro é ás 16:30 horas e o regreso está previsto para as 20:00 horas. Neste percorrido - duns seis quilómetros de distancia - os máis pequenos adentraranse no mundo das grandes pedras para descubrir a maxia e os segredos que agochan. camino-faros-camelle Percorrido da 1ª etapa do Camiño dos Faros Infantil A ruta está aberta a un máximo de 25 participantes (acompañados cada un deles dun adulto). As inscricións están abertas e os/as interesados/as en anotarse poden facelo cubrindo o formulario que se atopa na páxina web do Camiño dos Faros. Segundo sinalan desde a organización, esta iniciativa é unha evolución do proxecto "Traski en Primaria" que se está aplicando en varios centros educativos da zona.O principal obxectivo deste I Camiño dos Faros Infantil é que os participantes "perciban a súa realidade cotiá, coñezan a historia da súa terra, que sintan seu cada recuncho, neste caso, deste tramo da Costa da Morte".  

Máis información

Novas relacionadas

O primeiro Camiño dos Faros por etapas (2013)

Fonte

Comentarios