Xoves. 25.04.2024
El tiempo

As Agrupacións comarcais do PSdG critican os Orzamentos da Xunta 2018 e a nova Lei de Portos

As Agrupacións comarcais do PSdG critican os Orzamentos da Xunta 2018 e a nova Lei de Portos
Suso Campos (Carnota), Paula Mouzo (Vimianzo, Loli Toja (a deputada laxesa), Manuel Lamela (Cee), Lalo Insua (Corcubión), Pichurri (Camariñas), Juan Carlos Canosa (Camariñas), Margarita Lamela (Cee) e Manuela Fernández Louro (Corcubión) na reunión da Agrupación Socialista comarcal Suso Campos (Carnota), Paula Mouzo (Vimianzo, Loli Toja (a deputada laxesa), Manuel Lamela (Cee), Lalo Insua (Corcubión), Pichurri (Camariñas), Juan Carlos Canosa (Camariñas), Margarita Lamela (Cee) e Manuela Fernández Louro (Corcubión) na reunión da Agrupación Socialista comarcal

Xa o denunciaron nada máis saír, pero o PSdG da Costa da Morte quere reincidir no “esquecemento” que provocan para a Costa da Morte os Orzamentos da Xunta 2018.

A deputada socialista da Costa da Morte, Loli Toja, mantivo un encontro cos representantes políticos e institucionais comarcais do PSdeG. Todos amosaron a súa “decepción” pola falla de partidas e investimentos para os concellos por parte do goberno galego. Algo que provocará “que 2018 sexa un novo ano perdido” para a Costa da Morte”, sinalou.

Entre outros asuntos, criticaron a Lei de Portos de Galicia, concibida polo executivo autonómico “de costas aos concellos” e que, sinalan, “mesmo interfire nas súas competencias”.

Só recoñeceron unha cousa, a “satisfacción” polo anuncio de implantación do servizo de diálise no Hospital de Cee, logo das demandas trasladadas polos socialistas en base a unha mobilización social para reclamar un servizo fundamental para os enfermos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios