Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As empresas de telefonía e de suministro de gas focalizan as queixas dos cidadáns

As empresas de telefonía e de suministro de gas focalizan as queixas dos cidadáns

Interesante o resumo da actividade da Oficina Municipal de Información ao Consumo do Concello de Camariñas, OMIC. Un servizo da Axencia de Desenvolvemento Local, con máis de 10 anos de traballo, e que serve para escoitar e informar aos cidadáns sobre os seus dereitos e tramitacións de reclamacións ante o Instituto Galego de Consumo ou ante as propias empresas.

Segundo nos conta, "nestes dous últimos anos, 2010 e 2011, tramitáronse 85 reclamacións". Curioso é ver que maioritariamente as queixas son contra empresas de telefonía (38%) e de subministro de electricidade (29%). Pero cómpre salientar que neste período incrementáronse significativamente as reclamacións contra as entidades financeiras e crediticias (9% do total).

Apuntan tamén o perfil do solicitante, e se ben son as mulleres as que acuden maioritariamente á reclamar, a maioría dos servizos están a nome dos homes.

Iso si, destacan que polo menos o 30% das reclamacións foron resoltas favorablemente e que moi poucas son desestimadas.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios