Xoves. 18.04.2024
El tiempo

As lecturas da Ponte do Porto rematan con excursión

As lecturas da Ponte do Porto rematan con excursión
Club de Lectura do IES Ponte do Porto en San Simon

Remata o curso e tamén o fai para os intensos clubs de lectura dos centros de ensino da bisbarra. Un dos máis activos é o do IES Pedra da Aguia da Ponte da Porto, que para rematar ao ano realizaron uns Roteiros Literarios en relación con libros de Agustín Fernández Paz.

Os dous clubs de alumnos (1º-2º e 3º-4º) e un total de 32 rapaces a rapazas realizaron, coa colaboración de Concello camariñán, unha vista á Illa de San Simón, seguindo o libro “Noite de voraces sombras”. Embarcaron en Vigo, tras unha visita ao Museo Naval de Rande, onde escoitaron a famosa batalla naval e puideron ver reconstrucións da vida a bordo dos barcos da época. Seguiron camiño a San Simón, onde gozaron dunha visita guiada pola dilatada historia da Illa. Á volta, remataron o día na praia de Samil antes de retornar a Camariñas.

Mentres, co club de adultos tamén seguiron os pasos de Agustín Fernández Paz e o seu libro “A memoria de Gagarin”. Antes, hai uns días, xa realizaran unha visita á cidade da Coruña. Visita que quedara pendente pois xa leran outros libros relacionados coa cidade. Desta volta tocaba seguir ao protagonista ata Pontedeume e á praia de Cabanas, con vista ao casco histórico e ao Torreón dos Andrade, aproveitando tamén para visitar o Mosteiro de Caaveiro e as Fragas do Eume. De regreso realizaron unha parada en Betanzos, tamén con visita ao casco histórico antes de coller camiño de regreso.

En ambos casos foron unhas xornadas moi placenteras, un bo remate para un curso intenso de lecturas.

Club de Lectura de Adultos do IES Ponte do Porto en Pontedeume

Novas relacionadas

Bo exemplos escolares

Malos exemplos no ensino

Fonte

Comentarios