Mércores. 24.04.2024
El tiempo

As mariscadoras de Camariñas fan unha demostración de responsabilidade

As mariscadoras de Camariñas fan unha demostración de responsabilidade
Mar de Fabula e Mariscadoras de Camarinas limpando a ensenada da Basa

A xornada do pasado sábado 4 de xuño ficará por moito tempo na memoria de tod@s @s que participaron nela. Poucas veces unha xornada de limpeza foi tan emotiva, como recoñece Xosé Manuel Barros Hermida, Co-fundador asociación Mar de Fábula, a entidade responsable de ducias de citas medioambientais, que se estremece ao falarnos desta últioma.

35 persoas xuntáronse na enseada da Basa, na praia de Xaviña, en Camariñas. E máis do 50% eran mariscadoras, coa súa Presidenta e a súa Patroa Maior á cabeza. Que importante implicalas nestas xornadas para poder mellorar o seu entorno de traballo, ademais de facer un traballo tremendo en materia ambiental. Impresionante a Agrupación de Mariscadoras de Camariñas, que coa súa disposición e iniciativa para limpar os accesos á súa fábrica, teñen transmitido á sociedade un exemplo de responsabilidade e de posta en valor dos aspectos estéticos, paisaxísticos e turísticos tamén, do seu ámbito de traballo.

Tamén había moitos veciños. veciños moi destacados, e voluntarios, algúns, vidos de lonxe.

Entre todos atacaron a limpeza por 5 frentes, ben escollidos por quen dirixiu a operación, o Responsable de medioambiente do Concello e, “en cada grupo sempre presentes as mariscadoras, animosas, participativas, orgullosas do seu, transmitindo as súas experiencias aos que víñamos de fora e sen deixar por elo de encher saco tras saco, arrancándolles os plásticos ás silvas, aos toxos, ás longas herbas…” cóntanos Barros.

Mariscadoras Limpando a enseada da Bassa en Camarinas con Mar de Fabula

Despois de dúas horas e media traballando arreo, éste foi o resultado nos tres puntos de consolidación, nomes sonoros:

  • O Muiño Novo: 23 sacos de lixo.
  • Agramar: 55 sacos.
  • O Campo do Turco: 21 sacos.

Un total de 99 sacos cheos de plásticos, máis un grande volume a granel de estachas, cabos, caixas, rodas, gomaespumas, poliestirenos, un televisor, etc.

En términos xerais, moi aproximados, retiráronse 30 m3 / 800 kgs de lixo mariño que nunca máis volverá afear a contorna deste privilixiado ecosistema mariño, rico en recursos naturais, exemplo de sustentabilidade nos eidos económicos e sociais e, a partires de agora tamén, no eido medioambiental.

Ao remate do traballo, tomando algo no Rojo, comentando a experiencia, a satisfacción de todos era evidente.

Case 100 sacos de lixo fora do mar de Camarinas

Novas relacionadas

Máis novas

Fonte

Comentarios