Xoves. 28.03.2024
El tiempo

As procesións marítimas do Carme, outro gran tesouro etnográfico da Costa da Morte

As procesións marítimas do Carme, outro gran tesouro etnográfico da Costa da Morte
Barcos ateigados de xentes na procesion maritima do Carme en Muxia-Foto-Anxo Castro

Impresionantes as procesións marítimas que se viviron na xornada deste xoves 16 de xullo 2015 na Costa da Morte, no comezo dunhas Festas do Carme que aínda continúan. As vilas de Corcubión, Camariñas, Muxía, Muros, Corme… (en Fisterra a festa é en setembro) lanzáronse ao mar para disfrutar destas auténticas tradicións costeiras, mariñeiras. Por algo a Virxe do Carme é a patroa dos mariñeiros, demostrando a fe que lle profesan centos de mariñeiros de toda o litoral galego.
Pero non só de fe vai a cousa, pois estas procesións marítimas xa son parte do patrimonio etnográfico da nosa bisbarra e son moitos os turistas que se montan a bordopara disfrutar desta gran oportunidade de ver a Costa dende o mar, como cada día fan os nosos mariñeiros.

Sen tantos líos coma outros anos cos seguros ou os chalecos, só a néboa facía pensar que a Virxe tería que quedar en terra. Pero afortunadamente levantou a brétema e os barcos, xa preparados, zarparon cara o seu mar. Unha ida, coa Virxe montada nun dos barcos, e o resto da expedición escoltándoa.

Por Corcubión, Muros e Corme, a visita é ao medio da ría, onde se fai a tradicional ofrenda floral (con plástico e todo), para voltar confiando en que a Virxe coide aos nosos mariñeiros ao longo do ano.
Por Camariñas (deixaron xa a proba de convertir as festas nun mercado medieval) e Muxía, a cousa é aínda máis auténtica. Pois a procesión sae da vila do encaixe, e remata na vila da Barca, unindo pobos e tecendo unha rede cultural ben fermosa.

Os barcos de Camarinas entrando en Muxia na procesion maritima do Carme-Foto-Anxo Castro Procesion da Virxe do Carme en Muros-Foto-Xose Sendon A Virxe do Carme nun barco muradan-Foto-Xose Sendon Procesion maritima do Carme en Muros-Foto-Xose Sendon A Virxe do Carme polas ruas de Muros-Foto-Xose Sendon Procesion maritima do Carme en Corcubion-Foto-Chete Pose

A Danza de Arcos, a danza do Carme

Dos barcos camariñáns, baixaron un numeroso grupo de mozos camariñáns. E ante a tenta mirada do público, fixerom unha demostración desa arte, a da Danza de Arcos, que se mantén moi viva na Costa da Morte. Outro tesouro etnográfico.

Danza de Arcos en Muxia-Foto-Anxo Castro

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios