Venres. 19.04.2024
El tiempo

A baixada da Virxe do Carme de Camariñas, escoltada pola Armada Española

virxen_do_monte_2011
Foto da baixada de Camarinas.eu
A baixada da Virxe do Carme de Camariñas, escoltada pola Armada Española

Será a primeira vez na historia, na que a Armada Española participará na baixada da imaxe da Virxe do Monte dende a súa capela do Monte Farelo, ate a igrexa parroquial de Camariñas. Así o informa a Asociación Cívica, Cultural, Deportiva e Recreativa “Virxe do Carme de Camariñas”, encantada ca resposta positiva da Armada, xa que a entidade leva moitos anos investigando e constatando que moitos navíos da Armada, e da flota española en xeral, tiveron á Virxe do Monte Farelo por patroa das súas embarcación practicamente ate finais do século XVIII e principios do XIX, moito antes de institucionalizar á Virxe do Carme como Patroa da Armada Española.

Sera a patrulleira Tabarca, con base en Marín, a que participe nestes actos que se celebrarán despois de ter que ser suspedindas os dous pasados luns de pascua. Por iso, e para que os rigores do inverno azouten o alto do Monte Farelo, farán a celebración o 27, 28 e 29 de agosto,.

O venres 27 cheará ao porto de Camariñas da Patrullera Tabarca e posterior recepción da tripulación na Casa do Concello pola súa alcaldesa e corporación.

O sábado 28, comeza coa misa solemne a mediodía na Capela do Monte e honras amosadas pola Tabarca e resto de flota camariñana que queira sumarse ao acto. Tanto a Patrulleira da Armada como as embarcacións que se sumen estarán situadas ao pe do Monte Farelo, na entrada da ría de Camariñas, cunha gran traca.
Pola tarde, e coa Tabarca xa fondeada no porto de Camariñas, comenzarán unhas xornadas de portas abertas para que tódalas persoas interesadas poidan visitar a patrulleira e recibir información dos militares que desenvolven o seu traballo nela. Estas actividades prolongaranse ao longo do domingo tamén, cando se celebrará, ao mediodía, o Acto Relixioso na Capela do Monte Farelo e posterior traslado da imaxe da Virxe do Monte, en procesión, ate a Vila de Camariñas acompañada polos tripulantes da patrulleira que así o desexen e polo público en xeral. Tamén neste acto tirarase unha gran traca de fogos de artificio.

Comentarios