Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Berros, insultos e moita tensión nun novo pleno para esquecer en Camariñas

Berros, insultos e moita tensión nun novo pleno para esquecer en Camariñas
Tenso, coma todos na vila do encaixe, foi o pleno celebrado este luns en Camariñas onde se elevaba a aprobación a reforma da Praza de San Xurxo prevista polo goberno. Os populares, totálmente contrarios a proposta, consideran que "o Concello de Camariñas está nunha fase de absoluto descontrol, ingobernable e paralizado e cun equipo de goberno socialista sin cabeza, e sin orden nin concerto". "Sumemos ademáis", afirman, "cun Sr. Valeriano inhabilitado para ter cargo público e imputado pola trama dos Seguros. Dende logo non estamos cun panorama de conto de nadal sinon dun auténtico desastre institucional, que tivo a súa confirmación no pleno deste luns a conta do proxecto da remodelación da praza de San Xurxo" Plano Proxecto reforma Praza San Xurxo Plano do Proxecto de reforma da Praza de San Xurxo en Camariñas "Non entendemos", continúan desde o PP,  "como o PSOE de Camariñas leva desde Maio con este proyecto, e os veciños temos que enterarnos 4 días antes do pleno para aprobalo. Qué están escondendo os Concelleiros socialistas?". Para os representantes do PP en Camariñas, o mais grave do proxecto presentado este luns pasa pola pretensión do gobernó de reformar a area de aparcamento na praza; "Non entendemos como están empeñados en facer "megaaceras" para despois ter todos que remontalas e con ideas estrambóticas de señales para poder aparcar por riba delas. Non será máis fácil aceras adaptadas ao espacio existente e manter a maior parte dos aparcamentos actuais? Xa cometeron o mesmo erro coas aceras do Areal, e siguen sen aprender. É tan difícil de entendelo, concelleiros socialistas?", se preguntan os populares. O gobernó local, pola sua banda, daba a coñecer os detalles do proxecto que se realizará en tres fases. Tres actuacións que dotaran, segundo o goberno local, "ao entorno da Igrexa dun espazo limpo, diáfano, sen cables nen postes de formigón, con un parque infantil e amplos espazos para o solaz e o disfrute de nenos e maiores. Noutra fase contempla a remodelación da Rúa Buría e a travesa que comunica coa Pista a Mourín, a remodelación da propia Pista a Mourín dende a Grixa ate as Malvinas, e a apertura da Rúa Verónica (a pista das Malvinas) cara a Rúa Buría. Na última fase se pretende dotar de servizos a todo o conxunto: un gran espazo para actos públicos como festas patronais e outros eventos, pista polideportiva descuberta, e parque bio saudable. Todo o conxunto estaría dotado de amplas zonas de aparcamentos, tanto na Pista Mourín como nas rúas adxacentes, de espacios de esparcemento e de zonas verdes", afirman.

Comentarios