Xoves. 12.12.2019
El tiempo

A biblioteca de Camariñas organiza actividades para homenaxear a Leonardo da Vinci

A biblioteca de Camariñas organiza actividades para homenaxear a Leonardo da Vinci

‘Camariñando con Leonardo’ é unha humilde homenaxe que a Biblioteca de Camariñas lle fai á figura de Leonardo da Vinci nos 500 anos do seu falecemento (1452-1519). Pretende ser un proxecto transversal, participativo, didáctico, histórico e cultural.

CamariñandoConLeonardo (1)

Agora mesmo estanse a desenvolver dúas iniciativas, a primeira son unhas breves gravacións de vídeo na que nenos, mozos e adultos falan da figura de Leonardo, ben centrándose no seu saber multidisciplinario, ou ben en experiencias persoais que os une a esa figura renacentista.

A segunda está relacionada co obradoiro de animación á lectura “O Berberecho rebecho” dirixido a rapaces de infantil e primaria. A temática que se está a desenvolver neste trimestre xira arredor do coñecemento das múltiples facetas deste xenial humanista. Polo momento están a investigar sobre a biografía, a pintura e anatomía pero quedan pendentes moitos temas que desenvolver para un maior coñecemento deste ilustre personaxe.

Comentarios