Sábado. 20.07.2019
El tiempo

O Bm. Camariñas responde á guerra declarada da Voz

Afección do Bm. Camariñas cunha pancarta en contra da Voz
Afección do Bm. Camariñas cunha pancarta en contra da Voz
O Bm. Camariñas responde á guerra declarada da Voz

A guerra aberta e inxustificada da Voz contra o Bm. Camariñas. A última bala que lanzou o xornal o pasado 30 de xuño alerta da posible perda da categoría nacional do cadro conserveiro. Unha nova que para a Xunta Directiva do Club Balonmán Camariñas “está chea de imprecisións nalgúns casos e de falsedades noutros”. Desde a nosa opinión consecuencia dunha falta de profesionalidade, imprudencia e lixeireza da redactora da noticia, co consecuente daño que causou á reputación de todos os integrantes do noso club: xogadores, adestradores, patrocinadores, socios, institucións que apoian a traxectoria do noso club e a directiva que eu presido”.

O xornal asegura que a “gran débeda coa Real Federación Española de Balonmán pon en risco a continuidade do equipo sénior en 1ª Nacional Masculina”, baseándose nas palabras de Borja Reinando, ex xogador do club e agora membro da Federación Galega. O club asevera que “a débeda está formalmente recoñecida, e ao igual que en calqueira débeda que poida ter unha empresa, particular, institución ou organización sen ánimo de lucro como a nosa, ten establecidos, de común acordo coa RFEBM, uns prazos para afrontar o seu pago" (en catro anos). "Nunca estando en perigo pois o noso dereito de participar na 1ª División Estatal, habida conta de ter incluso pagados os dereitos de participación na mesma”, explican, pedindo unha rectificación pública nun comunicado asinado polo presidente Andrés Cerdeiras.

Así mesmo, esta mañá o Concello de Camariñas facíase eco da queixa do club e asegura que "apoiará con todas as súas forzas ao Balonmán Camariñas debido á delicada situación que está a atravesar o club nestes momentos e que, sen lugar a dúbida, quedará solucionada nos próximos días.", ante a “impagable labor que levan facendo polo municipio e polo balonmán desde hai moitos anos”.


 

Comentarios