Xoves. 24.09.2020
El tiempo

O BNG de Camariñas propón cambiar o nome da Avenida Xoán Carlos I

O cartel da Avda Xoan Carlos I xa ten sufrido pintadas
O cartel da Avda Xoan Carlos I xa ten sufrido pintadas
O BNG de Camariñas propón cambiar o nome da Avenida Xoán Carlos I

Estanse levando iniciativas semellantes por todo o territorio estatal. A primeira proposta na comarca para eliminar o nome do Rei Emérito do rueiro municipal chega dende Camariñas. O BNG local proporá no vindeiro Pleno cambiar o nome da Avenida Xoán Carlos I.

Consideran que os motivos que o levaron á abdicar así como “os indicios de delitos relacionados co branqueo de capitais, cobros de comisións e fraude fiscal” non o fan digno de facer parte do rueiro camariñán. Feitos que se suman á retirada da súa asignación (194.232 euros brutos anuais) por parte do seu fillo, o Rei Felipe IV, e a súa renuncia á herdanza.

Dende o BNG van máis alá e consideran á “monarquía como unha figura anacrónica e, cada vez, máis asociada a presuntas irregularidades económicas e delituosas derivadas do abuso e do privilexio dos cargos que ostentan”, engadiu Xurxo M. Rodríguez Baña Responsable local do BNG.

A fuxida do Emérito non fai máis que poñer un pouco máis de sombra á imaxe da familia real, despois do caso Noos, a participación en xornadas de caza de elefantes en Botswana; avinculacións de negocios irregulares coa oligarquía saudita e con Corinna Larssen…

Así, dende o BNG propoñen cambiarlle o nome por, por exemplo, Avenida de Rosalía de Castro. Avenida de Castelao ou mesmo Avenida das Palilleiras.

comentarios