Sábado. 20.04.2024
El tiempo

Buscan mulleres soneirás emigrantes en Suiza para unha investigación pioneira

Buscan mulleres soneirás emigrantes en Suiza para unha investigación pioneira
Estudo sobre Mulleres soneiras emigrantes en Suiza

Carmen V. Valiña (Baio, 1985) é doutora en Historia Contemporánea especializada en temas de xénero. Na actualidade desenvolve, cunha bolsa concedida pola Deputación de A Coruña, un interesante proxecto sobre emigración feminina a Suíza na comarca da Terra de Soneira. Un proxecto para que a baiesa necesita a colaboración de protagonistas de historias reais.

Trátase dunha investigación pioneira, pois a pesar de que foron milleiros os que abandonaron e seguen abandonando a nosa terra cara o país helvético, non existen apenas estudos sobre cales foron as razóns da súa partida, como foi a súa vida alí ou como se plantexaron, se así o fixeron, o retorno.

O estudo céntrase no caso concreto das muller, ata fai ben pouco completamente excluídas dos análises migratorios baixo a idea de que eran simplemente acompañamento ou comparsa dos seus homes. Sen embargo, como ben sabemos os que nacemos na Costa da Morte, elas desempeñaron un papel fundamental como obreiras, limpadoras ou camareiras, contribuíndo en condicións de igualdade á economía familiar e tendo razóns propias para emigrar.

O estudo pretende comparar as semellanzas e diferencias das experiencias migratorias dasa mulleres da Terra de Soneira que emigraron a Suíza durante os anos 60 e 70 coas que o tiveron que volver facer trala crise económica do 2008 e ata a actualidade, a miúdo aproveitando as propias redes migratorias anteriores das súas familias ou coñecidos.

Como parte fundamental da investigación está prevista a inclusión de testemuñas persoais que relaten a sú particular e única experiencia migratoria. Por iso, a autora busca a mulleres dos concellos de Camariñas, Vimianzo e Zas que teñan emigrado a Suíza, para poder falar con elas vía Skype, mail ou en persoa, se se atopan actualmente en Galicia. As interesadas poden contactar con Carmen V. Valiña no mail [email protected]. A súa testemuña é fundamental para o proxecto.

Novas relacionadas

 

Veciñ@s polo mundo

Estes son algúns dos amig@s que xa temos visitado polo mundo. Se queres contarnos a túa historia ponte en contacto en [email protected], polo Facebook Que pasa na Costa ou no whatsapp 637 704 893.

Outros artigos migratorios

Serie “De Carnota a Astoria: “Vin porque me trouxeron, non quería vir””, por Manuel Vilar

Fonte

Comentarios