Venres. 29.03.2024
El tiempo

Buscando un futuro laboral para 85 mulleres en Camariñas, Muxía e Vimianzo.

Buscando un futuro laboral para 85 mulleres en Camariñas, Muxía e Vimianzo.
Un dos grupos participantes en anteriores programas de emprego en Vimianzo O Programa Integrado de Emprego que comparten Camariñas, Vimianzo e Muxía, contactará coas empresas da zona para facilitar a inserción laboral das participantes Así o define unha das áreas de traballo do "Programa integrado de emprego dirixido exclusivamente a mulleres de Camariñas, Muxía e Vimianzo 2017" que atenderá a 85 mulleres demandantes de emprego, e que contactará coas empresas da zona para coñecer as súas necesidades de persoal e tamén a formación que lle requiren aos seus recursos humanos. Tamén se estudiará a necesidade de servizos e as súas especificacións co fin de fomentar o emprendemento empresarial. A prospección empresarial empregarase para a xestión da colocación e para descubrir necesidades de servizos non cubertas que poidan dar orixe a pequenas empresas. Máis exaustivamente, o programa define os seguintes obxectivos para esta acción: 1) Realizar colocacións a través da recepción e cobertura das ofertas de emprego que se reciban. 2) Xestionar a colocación para usuarias con dificultades de inserción a través do impulso de acordos para a realización de prácticas en empresas ou a organización de accións formativas ocupacionais enfocadas ás demandas das entidades. 3) Detectar a posibilidade de traspasos de negocios, de alugueres de instalacións e de necesidades de servizos e aprovisionamentos para empresas que non están cubertos e que se poden solucionar con iniciativas de autoemprego. 4) Manter diálogo e intercambio de información coas empresas co fin de facilitar a inserción laboral e o autoemprego das persoas participantes. A Direción Xeral de Orientación e Promoción Laboral (Consellería de Economía, Emprego e Industria da Xunta de Galicia) comunicou a concesión dunha subvención por importe de 191.951,00 euros para levar a cabo o. Este programa vaise desenvolver ata o 30 de novembro de 2018.  

Comentarios