Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Camariñas acaba con 1876 velutinas

Camariñas acaba con 1876 velutinas
Velutinas capturadas en Camarinas Algunhas das Velutinas capturadas en Camariñas Se por Carballo capturaron este pasado mes 2.000 avespas velutinas, Camariñas non lle vai á zaga e atrapou desde mediados do mes de marzo 1876 raíñas velutinas nas 100 trampas que ten instaladas. Estamos ademais nos mess claves, cando só hai avespas raíñas e están preparándose para comezar a facer os niños. Por iso, a mellor época para capturalas é esta. Unha campaña tremendamente produtiva gracias aos veciños e ao Concello, mentres “a Xunta, a responsable de combatir esta praga, segue sen facer nada”, como denuncia o propio Concelleiro Sergio Caamaño. Unhas cifras que representan unha nova con dúas caras. “Por un lado é unha gran nova, xa que estas raíñas xa non farán un niño este ano e morre con elas a propagación da especie. Pero por outro lado é unha nova aterradora que nos amosa o avance desta praga”. En todo caso, o tempo corre a nosa contra pois xa están facendo niños. De feito xa eliminaron un niño primario, do tamaño dunha bola tenis. [video width="640" height="352" mp4="/media/quepasanacosta/files/2018/05/07/Video-de-velutinas-capturadas-en-Camarinas.mp4"][/video]

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios