Martes. 22.09.2020
El tiempo

Camariñas anima á veciñanza a disfrutar do sendeirismo

Camariñas anima á veciñanza a disfrutar do sendeirismo

A última semana de agosto, Camariñas calza as zapatillas de andar. Do martes 25 ao venres 28, o Concello organiza “En marcha por Camariñas”, unha serie de andainas polas parroquias de Camelle, Camariñas, Ponte do Porto e Xaviña.

Esta proposta para fomentar o sendeirismo e o coñecemento do noso litoral, acolle rutas duns 10-15 km, de dificultade media, e con saída ás 10:30h.

O martes 25 de agosto terá lugar en Camelle, o mércores 26 de agosto en Camariñas, o xoves 27 de agosto na Ponte do Porto e o venres 28 de agosto en Xaviña. Os lugares de reunión para a saída serán a Pista Polideportiva de Camelle, o Pavillón Polideportivo Víctor Vigo de Camariñas, o Pavillón Polideportivo de Ponte do Porto e a Pista Polideportiva de Xaviña, respectivamente.

Haberá un rigoroso protocolo anti Covid.

O día límite para anotarse a todas as andainas é o próximo lunes, 24 de agosto, ás 14 horas. Os interesados ou interesadas poden formalizar a súa inscrición na páxina web municipal www.camarinas.net.

Novas relacionadas

comentarios