Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Camariñas aproba unha subida de 9€ na taxa dos servizos de redes de sumidoiros

PlenoCamariñas_05112020
Pleno virtual en Camariñas
Camariñas aproba unha subida de 9€ na taxa dos servizos de redes de sumidoiros

Este xoves o Concello de Camariñas celebrou un pleno virtual extraordinario sobre dúas ordenanzas.

Por un lado, cos votos a favor do PSOE e en contra do BNG e o PP, aprobouse a modificación da Ordenanza fiscal reguladora da taxa dos servizos de redes de sumidoiros. Un cambio que supón o aumento de 9 euros o primeiro epígrafe desta taxa, que afecta ás vivendas unifamiliares e pisos vivenda, quedando igual para comercios, hostalería, hoteis…
A alcaldesa sinalou que é unha medida para “equilibrar as contas xa que o custo incrementouse moito polo establecemento das depuradoras”.

Tamén se aprobou, desta volta, cos votos a favor do PSOE e PP e abstención do BNG, a modificación da Ordenanza fiscal do Imposto sobre Bens Inmobles, pola que as familias numerosas obterán unha bonificación do 50% na cota íntegra do imposto, sempre e cando os bens sobre os que se pretenda aplicar a bonificación non teñan un valor catastral superior ós 100.000 euros. “Os interesados deberán presentar a solicitude antes do 31 de decembro para que teña efecto o próximo ano, de aí a necesidade de organizar este pleno”, precisa a rexedora.

Comentarios