Martes. 16.04.2024
El tiempo

Camariñas aproveita o tirón dos Naufraxios cunha fin de semana cultural e gastronómica

Camariñas aproveita o tirón dos Naufraxios cunha fin de semana cultural e gastronómica

Última hora: O temporal obriga a retrasar o evento para a fin de semana do 16, 17 e 18 de novembro.

  Emotiva homenaxe ao Serpent no Cemiterio dos Ingleses no 125 aniversario do seu afundimento-Camarinas Imaxe da emotiva homenaxe ao Serpent no Cemiterio dos Ingleses durante 125 aniversario do seu afundimento Homenaxe ao Serpent en Camarinas 2018Os Naufraxios como produto turístico e cultural. Así está intentando aproveitar Camariñas a riqueza etnográfica que dá nome á nosa bisbarra, e que nacía en 2007 como unha pequena e simbólica homenaxe aos finados no Serpent. Esta fin de semana, coincidindo co 128 aniversario de devandita traxedia, o Concello organiza unha serie de actividades nunha completa ‘Fin de Semana dos Naufraxios’ con propostas gastronómicas, culturais e turísticas. O sábado, 10 de novembro, terá lugar o acto conmemorativo polo 128 aniversario da traxedia do ‘HMS Serpent’. Un acto tremendamente emotivo, baixo o manto escuro das estrelas da Costa da Morte, nunha paraxe como é a do Cemiterio dos Ingleses, e que contará a partir das 21:00h coa representación teatral organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e a Real Liga Naval Española. Programa Fin de semana Naufraxios 2018 Fin copia

Os naufraxios polos coles

Ao longo da fin de semana haberá unha serie de representacións teatrais e rutas guiadas dirixidas a nenos e adultos cunha temática que xirará en torno aos naufraxios en Camariñas. O venres 9, no Bar o Paella o Rubio de Camelle e Fernando Patricio falarán sobre naufraxios na zona e, ás 21 horas, haberá unha teatralización dos naufraxios en Camelle; O sábado 10, na Lonxa de Camariñas estará o programa da TVG ‘Buscadores de Naufraxios’ e haberá unha ponencia de Bernardino Martínez, celebrarase o Magosto na Praza do Mercado. Por último, o domingo 11 haberá unha ruta con saída do Faro Vilán ata o Cemiterio dos Ingleses e na Praza do Mercado instalarase unha carpa con animación para os nenos relacionada cos naufraxios. Para as rutas guiadas é imprescindible anotarse previamente polas mañás no 981 737 004 ou no correo electrónico [email protected].

Ruta de Tapas

Paralelamente, do venres 9 ao domingo 11 haberá unha Ruta de Tapas dos naufraxios na que participan 20 establecementos. Ofrecerán, por 1 euro, tapas relacionadas cun barco naufragado en concreto. Participan nesta ocasión A Ría, Bar Playa, Bar Victoria, A Moleda, Belmar, O Pinar, Oasis, As Vegas, Confitería Camariñas, Taberna do Bico, Club Náutico, A Molinera, Bar Paella, Marítimo, Pizzería Xunqueira, Pizzería Brasil, Casa Trabeiro, CunKcafé, La Tavernetta, Bar Rojo e O Ariño. Ruta das Tapas dos Naufraxios

Novas relacionadas

https://quepasanacosta.gal/o-buscadores-de-naufraxios-mergullanse-nas-augas-da-costa-da-morte/

Novas das homenaxes ao Serpent

Comentarios