Luns. 01.06.2020
El tiempo

Camariñas arrinca a campaña de promoción turística post-confinamento

Camariñas arrinca a campaña de promoción turística post-confinamento

‘Camariñas Agárdate’. É o lema da primeira campaña de promoción turística pensando no segundo semestre do ano. Pensando no turismo de proximidade, galego e estatal, o Concello camariñán comeza unha serie de accións nas redes para vibilizarse como destino ideal, “resaltando o abundante patrimonio material e inmaterial co que conta Camariñas e que para moitos aínda está por descrubrir”, explicou a alcaldesa, Sandra Insua.

Así, a través destes perfís na rede, difundiranse día a día imaxes do Cabo Vilán, do Museo Man de Camelle, das tres etapas do Camiño dos Faros, das rutas de sendeirismo, das fermosas praias ou das parroquias pero tamén da tradición do encaixe, da danza de arcos, da internacional Mostra do Encaixe de Camariñas, das festas...

comentarios