Martes. 23.04.2024
El tiempo

Camariñas cancela o cobro das taxas das terrazas e pide que Portos faga o propio

Ultramarinos de Camarinas con pantallas
Os Ultramarinos de Camariñas xa traballan con pantallas
Camariñas cancela o cobro das taxas das terrazas e pide que Portos faga o propio

As terrazas de Camariñas que estean en territorio municipal non pagarán taxas ata a próxima primavera. Así o anunciaba a alcaldesa Sandra Insua como “un primeiro paso para axudar aos hostaleiros a minimizar as perdas que está a supoñer para eles a declaración do Estado de Alarma”. Unhas axudas que se compaxinarán coas diferentes liñas de axuda que se incluirán no Plan de Reactivación Económica que están a deseñar os ADL.

Ademais, o Concello e a Asociación de Empresarios enviarán un escrito conxunto solicitándolle a Portos de Galicia que faga o mesmo coas taxas deste tipo que son da súa competencia “e que en Camariñas son moitas”, destacou a alcaldesa.

Pago de facturas

PlenoTelemáticoCamariñas

Así mesmo, no primeiro pleno telemático, retransmitido en directo vía streaming, celebrado o pasado xoves o Concello aprobou un recoñecemento de crédito de 286.892,49 euros para poder pagar facturas pendentes a provedores.

Ademais, todos os integrantes do pleno da corporación doarán a aportación económica da sesión á agrupación de Protección Civil. É unha cantidade que suma en total 1.300 euros.

Camariñas reparte pantallas de protección entre o comercio local

Comeza a desescalada e Camariñas quere poñer o seu grao, e xa está facendo entrega das pantallas cedidas polo IES Monte Neme e tamén polo Dúo Defesta en perruquerías, centros de estética e ultramarinos e chegará a todo o comercio local e á hostalaría.

Comentarios