Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Camariñas, Coristanco, Laxe, Malpica, Mazaricos e Santa Comba teñen novos técnicos de pilates

Camariñas, Coristanco, Laxe, Malpica, Mazaricos e Santa Comba teñen novos técnicos de pilates
6 monitores costeiros formados pola Deputacion 6 monitores costeiros entre os 15 formados pola Deputacion

A Deputación da Coruña está a desenvolver, durante o mes de maio, unha acción formativa dirixida a técnicos municipais de deportes para que poidan impartir cursos de pilates nos concellos da provincia.

En concreto, estanse a formar técnicos, animadores e monitores deportivos de Camariñas, Coristanco, Laxe, Malpica, Mazaricos e Santa Comba, ademais doutros 9 concellos da provincia.

Esta formación está impartida por Carmen Marchena, licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, e recoñecida no mundo do deporte polos seus méritos en disciplinas coma a natación, o atletismo ou a escalda. Entre os seus galardóns, destaca o premio á Mellor Deportista Galega, que obtivo tres anos consecutivos.

Os contidos que estudarán os técnicos municipais inclúen os distintos implementos do método pilates, coma theraband, fitball ou bosu, ademais de clases teóricas e prácticas sobre como organizar e deseñar as sesións para adaptar os exercicios ás diferentes necesidades.

Fonte

  • Deputación.

Comentarios