Mércores. 11.12.2019
El tiempo

Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent

Camariñas entregou as Flores da Memoria aos náufragos do Serpent
Homenaxe ao Serpent 2013-Foto-Jose Manuel Pato

Esta noite de domingo 10 de novembro de 2013, fixo 123 anos daquela fatídica noite, na que o barco acoirazado da mariña británica, o Serpent, afundía diante da costa de Camariñas. Unha noite na que falecían 172 dos 175 tripulantes, e que permancería no noso recordo ata os nosos días.

O simbolismo deste episodio lémbrase coa creación do Cemiterio dos Ingleses, e dende hai uns anos, lémbrase tamén cunha emotiva homenaxe tremendamente emblemática.

Ás 22:30h de onte, en plena noite pechada, un cententar de bravos amantes dos naufraxios e da historia da Costa da Morte, se achegaba ao lugar. Convocados dende hai 5 anos polo escritor Juan Campos e do delegado da Real Liga Naval Española en Galicia, José Manuel Pato González, e coa colaboración do Concello de Camariñas, procedíase a ler unha palabras de admiración, así como fixeron a tradicional ofrenda floral.

As bágoas saltaron ao escoitar o relato “As Flores da Memoria” que forma parte do novo audio para móbiles “Ruta dos Naufraxios”, que dá información sobre 63 naufraxios e 4 puntos de interese situados na costa camariñá. Ademais, houbo tempo para a música, e o “Coro Municipal de Abrandares de Camariñas” mesturou as súas voces co son da ondada, cantando “O Serpent” e “A roupa do mariñeiro”.

O Coro de Mulleres de Camarinas na homenaxe ao Serpent 2013-Foto-Jose Manuel Pato

Máis información

Novas relacionadas

Recunchos da Costa

Novas de naufraxios

Fonte

Comentarios