Camariñas importa e exporta dende Italia sabedoría na produción local
Mentres os políticos seguen intentando separar aos países europeos coas súas poíticas de “axuste”, os cidadáns seguimos empeñados en unirnos. E para iso danse esta clase de proxectos, como o REN; rede de municipios rurales europeos no que participa o Concello de Camariñas.
Desta volta, asdelegacións de Camariñas, Suecia, Croacia e Italia visitaron certos municipios do país italiano, centrando a súa atención en empresas rurales productoras de trigo e queixo parmesano, ambos certificados, e intercambiaron coñecementos, debateron técnicas para mellóraa da calidade dos produtos e ata compartiron receitas e técnicas culinarias.
Un xeito de coñecer proxectos empresariais exitosos aproveitando o valor da produción local. Especial interese tivo a visita á fábrica de pan tradicional e ecolóxico da familia Lusignani, que leva tres xeracións facendo pan artesanal con materias primas locais. Un dos segredos do seu éxito en Italia é conseguir rescatar os sabores tradicionais do seu comarca.
E unha das que sacou máis conclusións foi a moza camariñá, a emprendedora Silvina Muñoz, propietaria dunha panadería e pastelería artesana, que viaxou á cidade italiana de Pellegrino Parmense para asistir ao encontro local do proxecto REN.
Silvina Muñoz, que non puido asistir ao encontro de Camariñas aínda que se estivo preparando na Axencia de Desenvolvemento Local, viaxou acompañada do seu marido, Álvaro Rodriguez, xestor económico e copropietario da empresa, ademais de consultor externo de xestión informática de almacéns.
A produción local, un valor en alza
O encontro serviu para destacar a importancia económica e social da produción das pequenas empresas locais. Como aplicación práctica, cada participante prevé desenvolver novos produtos e proxectos baseados na experiencia e coñecementos adquiridos. Desta forma, o encontro cumpriu cun dos obxectivos do Proxecto REN: revalorizar a produción nos municipios rurales a través do intercambio de experiencias. Os contactos feitos por Silvina Muñoz vanlle a permitir ademais autoabastecerse dalgunhas materias, logrando así dar valor engadido aos seus produtos.
Tamén se visitou un campo de trigo tradicional, unha granja de vacas cuxa alimentación está estrictamente controlada para poder elaborar o auténtico queixo Parmesano Reggiano e unha fábrica onde se elabora este famoso queixo, de calidade moi superior ás copias que se comercializan habitualmente.
Novas relacionadas
- Camariñas exporta Acción Costeira a Rumanía.
- 3 experiencias camariñás, exemplo europeo de desenvolvemento rural.
- Camariñas recibe a Europa en clave de innovación rural.
- Camariñas participa no Proxecto REN, rede de municipios rurais europeos.
- Camariñas aprende en Suecia como fomentar o emprendemento na mocidade.
- Alumnos da Ponte do Porto volven ao futuro por Europa.
- Europa aprende a envellecer activamente en Ponteceso.
- A mocidade camariñá ten a oportunidade de achegarse á europea co proxecto YPAD.
- Camariñas intercambia experiencias coa Young People europea.
- Europa coñece a Experiencia Social Xiria.
Fonte
- Técnicos do Concello de Camariñas.