Mércores. 24.04.2024
El tiempo

Camariñas intentará axudar economicamente a sectores como a hostalaría, o comercio ou o mar

Hoteis pechados na Costa da Morte
Camariñas intentará axudar economicamente a sectores como a hostalaría, o comercio ou o mar

Tres sectores tan duramente afectados pola corentena como a hostalaría, o comercio ou o mar, poderán ser obxecto dunha nova liña de axudas que está estudando o Concello de Camariñas. Unha liña na que xa traballan para paliar os danos económicos xerados pola crise económica derivada da crise sanitaria.

A alcaldesa, Sandra Insua, explicou hoxe en que “estamos traballando día a día e sen descanso para conter a expansión do Coronavirus pero tamén temos que pensar no futuros” e incidiu en que “non vamos a deixar que nin as nosas xentes nin as nosas empresas se queden atrás, queremos axudalos a que cando pase esta crise poidan saír adiante e continuar coa súa vida tal e como o viñan facendo”.

Paralelamente o Concello enviou unha mostra das 15.000 mascarillas feitas por voluntarias ao CHUAC para revisar a súa eficacia, ao tempo que pide á veciñanza á que non lle chegaron polo servizo de correos, que avise ao concello.

Ademais, na comisión de seguemento do pasado venres déronse conta das 8 denuncias realizadas polas forzas de seguridade por incumprimento da corentena.

Novas relacionadas

Comentarios