Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Camariñas prepara a súa cea solidaria contra o cancro

Camariñas prepara a súa cea solidaria contra o cancro
Cea solidaria da Asociacion Contra o Cancer de Camarinas A Agrupación Local de Camariñas da Asociación Epañola contra o Cancro (AECC) prepara a súa cea anual de socios para recaudar fondos para a entidade na súa loita contra a enfermidade. A cea anual celébrase este sábado 12 de maio ás 21,30 horas no pavillón polideportivo municipal de Camariñas, como vén sendo habitual. A agrupación que preside desde fai tres décadas Pilar Insua Méndez ofrece unha cea baile con prezos de 23 euros para maiores e 8 euros o menú infantil. Ademais das viandas pecharase coa actuación da disco móbil Impacto. No acto estarán presentes autoridades locais, representantes da directiva rexional e da comunidade médica provincial.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios