Luns. 22.07.2019
El tiempo

Camariñas presenta o seu III Plan de Igualdade en clave de transversalidade, participación e empoderamento

Camariñas presenta o seu III Plan de Igualdade en clave de transversalidade, participación e empoderamento
Camariñas presenta o seu III Plan de Igualdade en clave de transversalidade, participación e empoderamento

Quedou aprobado no pleno do pasado venres, por unanimidade, o III Plan de Igualdade de Oportunidades entre mulleres e homes (PIOM) do Concello de Camariñas. Un instrumento de traballo que estará vixente durante os próximos catro anos, que pretende ser a folla de ruta para “marcar todos os obxectivos e as actuacións necesarias de cara á consecución do reto fundamental de construír unha sociedade baseada na igualdade e non na discriminación”, explica a alcaldesa Sandra Insua.

Camariñas parte da premisa de que “a brecha existente entre a igualdade legal e real fai necesario que os poderes públicos poñamos en marcha políticas públicas orientadas a superar a discriminación e garantir a igualdade”.

O Plan relaciona a transversalidade con ser un programa participativo en clave de empoderamento.

Entre as propostas, incide na promoción da utilización dunha linguaxe non sexista no ámbito administrativo, o reforzo das competencias do persoal municipal en materia de igualdade e outras accións como a creación dun facebook e blog para a área de igualdade, obradoiros para todas as idades, actividades…

Datos

A análise realizada na diagnose do Plan trae cifras interesantes. En Camariñas hai 2778 mulleres e 2641 homes, en claro declive poboacional, xa que en apenas 3 anos o concello perdeu 288 persoas, sendo o segundo concello con máis perda de poboación da Costa da Morte, que perdeu 2971 persoas nos últimos tres anos.

Así, a terceira idade aínda ten máis presencia feminina, pois o 16% da poboación é unha muller maior de 65 anos, por un 11,6% de homes maiores desa idade. Vemos que se en Camariñas hai un 27% de persoas maiores de 65 anos, hai só un 13,6% menores de 20 anos, recoñecendo así que relevo xeracional encóntrase en risco.

Outro dato interesante é o retardamento da idade media de maternidade na comarca de Soneira que fica a día de hoxe nos 31,4 anos (29,7 en Camariñas).

O desemprego afecta máis ás mulleres, acadando unha media porcentual do 62.49% fronte ó 37.51% de desemprego masculino. Así o paro feminino caracterízase por ser superior ó paro masculino en tódolos grupos de idade agás entre os menores de 25 anos que hai o mesmo número de homes e mulleres desempregados de media. En todo caso, o informe sinala que o nivel de formación dos demandantes de emprego é moi baixo, pois arredor do 60% [email protected] demandantes non teñen rematada a ensinanza obrigatoria e só un 2% teñen titulación universitaria.

Novas do 8 de mar

Comentarios